- O importe do contrato, cunha duración de 3 anos (e 1 máis de prórroga), ascende a máis de 181.000 euros.
- O obxectivo do mesmo é previr os fluxos de entradas de gaivotas nas instalacións do Complexo Medioambiental de Sogama a través de técnicas baseadas en voos con aves rapaces adiestradas mediante cetrería.
Cerceda, a 26 de maio de 2020.- Tal e como se recolle no prego de condicións publicado na plataforma SILEX da Xunta de Galicia, o vindeiro venres, 29 de maio, ás 14:00 horas, finaliza o prazo para que as empresas interesadas presenten as súas ofertas ao concurso que rexe o control da poboación de gaivota no Complexo Medioambiental de Cerceda.
O obxectivo deste contrato, que estará en vigor durante tres anos, contemplando unha posible prórroga dun ano máis, é previr os fluxos de entradas de gaivotas nas instalacións, utilizando para isto técnicas baseadas en voos con aves rapaces adiestradas mediante cetrería.
Esíxese un equipo mínimo conformado por dúas aves rapaces e outras dúas máis de reserva, correctamente adestradas e identificadas documentalmente, ademais dun técnico experto para o manexo das mesmas e con experiencia acreditada en traballos similares dun mínimo de tres anos.
Como non podía ser doutro xeito, o licitador debe dispoñer das autorizacións dos organismos competentes en materia de medio ambiente para levar a cabo o labor encomendado.
O servizo desenvolverase conforme á programación establecida por Sogama, establecéndose unha media de 16 horas semanais.
O importe do contrato, contemplando a prórroga, ascende a 181.209,60 euros (IVE incluído).
Saúdos, Departamento de Comunicación