- Un 33,8% chamaría a atención a quen o tirou, un 3,3% denunciaríao directamente ás autoridades e un 14,3% deixaríao no mesmo lugar ao considerar que non é a súa responsabilidade.
- Así se desprende do II Estudo Sociolóxico sobre as “Actitudes fronte á basuraleza”, desenvolvido desde LIBERA.
- Entre os motivos polos que os enquisados cren que se arroxa lixo á contorna natural, a maioría (76%) alude á despreocupación polo medio ambiente.
- En canto aos sentimentos que xera á poboación ver refugallos abandonados, a vergonza, cun 50,9%, é o máis común e reiterado.
Cerceda, a 29 de agosto de 2019.- No marco do II Estudo Sociolóxico sobre as “Actitudes fronte á basuraleza” desenvolvido desde LIBERA (proxecto creado por SEO/BirdLife en colaboración con Ecoembes), e cuxo obxectivo é analizar as actitudes e decisións dos cidadáns do noso país en relación aos refugallos que xeran e como se modifica a súa percepción cando estes se atopan en lugares públicos, despréndese que o 46,1% dos españois recollería un residuo abandonado no medio natural aínda que non fose seu, un 33,8% chamaría a atención a quen o tirou e un 3,3% asegura denunciaríao directamente ás autoridades. Con todo, un 14,3% deixaríao no mesmo lugar ao considerar que non é a súa responsabilidade.
Adicionalmente, o estudo, que foi elaborado a través de máis de 5.000 enquisas realizadas en toda España, pon a lupa nos sentimentos que xera á poboación ver lixo abandonado na natureza. A vergoña é o máis común e reiterado, referíndose ao mesmo un 50,9% dos enquisados, citando outros como a pena (50,3%), a rabia (45,3%) ou a impotencia (40,4%).
Entre os motivos polos que cren que se arroxa lixo á contorna natural, a maioría (76%) alude á despreocupación polo medio ambiente, mencionando tamén a comodidade (58,5%) e a preguiza (50,8%).
Respecto das razóns polas que se considera que segue habendo persoas que tiran residuos en contornas naturais, cítanse a falta de recursos e o feito de que non haxa suficientes contedores ou papeleiras no campo, a montaña ou as praias. Tamén xustifican esta práctica tan nociva polo aumento do consumo e a masificación en zonas turísticas.
A título individual, o 49,5% dos enquisados asegura estar bastante concienciado co coidado da contorna. Non obstante, consideran que é o resto da poboación a que está pouco concienciada (38,7%) ou algo concienciada (42%).
Máis información en www.proyectolibera.org
Fonte: SEO BirdLife
Imaxe: LIBERA
Saúdos, Departamento de Comunicación