- Así se desprende do I Barómetro da Vida Dixital en Europa realizado por Celside Insurance e Harris Interactive.
- O 57% dos españois afirma que cambiou o seu teléfono móbil cando o anterior aínda seguía funcionando, e unicamente o 10% o entrega en puntos de reciclaxe específicos.
Cerceda, a 18 de xuño de 2020.- A xeración de residuos eléctricos e electrónicos crece de forma exponencial. Segundo datos da ONU, cada ano prodúcense 50 millóns de toneladas deste tipo de refugallos en todo o mundo. Moitos destes aparellos son teléfonos móbiles cuxa reciclaxe e reutilización permitiría recuperar materiais de gran valor contidos nos mesmos e reducir o consumo de materias primas virxes.
Segundo o I Barómetro da Vida Dixital en Europa realizado por Celside Insurance, aseguradora de dispositivos móbiles, e Harris Interactive, expertos en análise datos, só un 10% dos españois deposita o seu teléfono móbil en puntos de reciclaxe específicos. Un 47%, almacena o antigo na súa casa, un 31% dállo a outra persoa, un 10% véndeo en Internet e un 1% tírao xunto ao resto do lixo.
Por idades, son os mozos, nun 34%, os que máis ceden ou venden os seus teléfonos a outras persoas para a súa reutilización, fronte ao 26% dos maiores de 45 anos.
Consumo insostible
O 57% dos españois afirma que cambiou o seu teléfono móbil cando o anterior aínda seguía funcionando. Son os homes, nun 62% dos casos, os que máis optan por esta nova adquisición. Comprar un dispositivo máis recente e con máis e mellores prestacións, é o motivo principal do cambio. Se ben un 55% dos enquisados estaría disposto a considerar a adquisición dun móbil de segunda man ou reacondicionado, o certo é que só o fixeron no 17% dos casos.
Entre o 45% dos españois que non contempla a compra de dispositivos de segunda man, prima o feito de non estrear un teléfono (46%,) ou a inquietude por que o seu funcionamento non sexa o axeitado (41%).
A mayoría dos usuarios non contempla a opción de alongar a vida do seu móbil e potenciar a economía circular, cando sería a vía a seguir para protexer o medio ambiente e aforrar recursos.
Fonte: Residuos Profesional
Image: Pixabay