- Así se deduce dos datos de Gelt, especialista en compra intelixente no sector de gran consumo.
- Todo apunta a que a pandemia está a acelerar o consumo ético e que a Covid-19 colocou ás marcas no punto de mira dos cidadáns, elevando as súas expectativas sobre o que esperan das mesmas en diversos ámbitos.
Cerceda, ao 24 de maio de 2021.- Segundo datos de Gelt, especialista en compra intelixente no sector de gran consumo, o 55% dos españois afirma que a política responsable das marcas motiva as súas compras. Deste xeito, aseguran que non queren ser simples consumidores, senón axentes de cambio capaces de influír no comportamento das empresascara a posturas máis éticas e respectuosas coa contorna.
Todo apunta a que a pandemia está a acelerar o consumo ético e que a Covid-19 colocou ás marcas no punto de mira dos cidadáns elevando as súas expectativas sobre o que estes esperan das empresas en diversos ámbitos. A forma de actuar das compañías en relación aos seus empregados, ao medio ambiente e á sociedade en xeral, irrompe como elemento crave na decisión de compra.
As accións que máis valoran os cidadáns das marcas son, entre outras,
• Aplicar maiores medidas para protexer a saúde e benestar dos seus empregados (61%).
• Doar produtos ou servizos a iniciativas de apoio comunitario (52%).
• Soster as necesidades dos consumidores durante a pandemia (40%).
• Proporcionar temporalmente acceso gratuíto aos seus produtos e servizos (35%).
• Mellorar os seus prezos ou termos dos contratos para apoiar aos consumidores durante a pandemia (27%).
• Proporcionar asistencia financeira a iniciativas de apoio comunitario (20%).
Unha consecuencia da crecente concienciación social foi o empoderamento dos cidadáns. De feito, o 74% dos consumidores cre que os cidadáns son capaces de forzar ás empresas para actuar máis eticamente; o 81% considera que o boicot a unha marca pode xerar un cambio nos seus valores e estratexia corporativa; o 54% afirma tentar disuadir a outras persoas de non realizar compras a empresas ou marcas que non satisfixeron as súas expectativas como clientes; e unha de cada tres persoas confesa tentar boicotear a unha compañía.
O consumo consciente adquire máis relevancia: o 88% dos cidadáns admira ás persoas que consomen con conciencia; un 89% está disposto a mudar o seu estilo de vida para protexer ao medio ambiente; e un 63% a pagar máis por produtos fabricados de forma sostible.
Os máis activos nesta crecente forma de consumir son: 44% millennials (25/39 anos), aínda que a xeración X (40/54) tamén é moi activa: 34%; mulleres, un 57%; familias (35%) e parellas (35%).
Fonte: Compromiso RSE
Imaxe: Pixabay