- Así se recolle na edición especial do Informe Europeo de Pagos de Consumidores sobre a Covid-19.
- Os datos sitúan aos españois entre os europeos máis concienciados coas cuestións medioambientais, só superados polos seus veciños lusos (72%) e seguidos moi de preto por polacos e estonianos, cun 63%.
- Os mozos de entre 18 e 21 anos son os máis sensibilizados e as mulleres lideran a transformación cara ao consumo responsable e local.
Cerceda, a 16 de decembro de 2020.- Todo apunta a que o impacto do coronavirus, non só cambiou a nosa vida cotiá, senón tamén o propio consumo. A pandemia está a promover o comercio dixital e o control do gasto por parte dos cidadáns, ao tempo que incrementa o seu interese polos produtos sostibles. Así se recolle na edición especial do Informe Europeo de Pagos de Consumidores sobre a Covid-19.
Concretamente, o 65% dos españois enquisados recoñece que esta crise sanitaria aumentou a súa preocupación pola sostibilidade, un 13% máis que a media europea (51%).
Estes datos sitúannos entre os europeos máis concienciados coas cuestións medioambientais, só superados polos nosos veciños lusos (72%) e seguidos moi de preto por polacos e estonianos, cun 63%. Pola súa banda, só 4 de cada 10 xermanos aseguran que o seu interese pola sostibilidade é maior a raíz da pandemia.
Por idades, os mozos de entre 18 e 21 anos, son os máis sensibilizados ao respecto. Sinálase como razón o feito de que tiveran nacido e crecido coa problemática do cambio climático.
O informe indica que, a raíz da Covid, aumentou a sensibilidade eco dos consumidores. Tanto é así que 6 de cada 10 españois fíxanse máis agora na orixe dos produtos que compran, especialmente cando se trata de mulleres menores de 21 anos ou con idades comprendidas entre os 45 e 54 anos.
Así mesmo, esta investigación reflicte que a muller lidera a transformación cara ao consumo responsable, pois mostra maior preocupación polo medio ambiente e ten comportamentos máis sostibles ao estar máis concienciada. Tamén se inclina pola adquisición de produtos locais (64% das mulleres fronte ao 60% dos homes).
Fonte e imaxe: Compromiso RSE