- Así se recolle no informe ‘Xestión do desperdicio alimentario na gran distribución’, elaborado por AECOC e Checkpoint.
- O estudo tamén revela que o 83% das compañías xa conta cunha política interna contra o desperdicio, mentres que o 42% apóiase en innovacións tecnolóxicas para a xestión do produto non comercializable e etiquetas para seguir a vida útil do alimento.
- Desde 2012, AECOC coordina o proxecto ‘A alimentación non ten desperdicio’, que na actualidade aglutina a máis de 500 empresas fabricantes e distribuidoras para evitar a xeración de residuos alimentarios no sector.
Cerceda, a 21 de novembro de 2019.- Segundo o informe ‘Xestión do desperdicio alimentario na gran distribución’, elaborado por AECOC (Asociación de Fabricantes e Distribuidores) e Checkpoint, o 67% das empresas da gran distribución manifesta que o desperdicio xerado coa súa actividade é menor hoxe que fai tres anos. Un dos factores de peso nesta evolución positiva é a mellora na xestión dos produtos descartados para a venda.
Así mesmo, o estudo revela que o 83% das empresas do sector xa conta cunha política interna contra o desperdicio, mentres que o 42% apóiase en innovacións tecnolóxicas tales como apps para a xestión do produto non comercializable e etiquetas para seguir a vida útil do alimento.
A maioría de produtos en risco de ser desperdiciado destínase a doazón ou ben recupérase para alimentación animal, elaboración de co-produtos ou transformación enerxética. Sen embargo, existe unha porcentaxe de alimentos que acaban desperdiciados debido a que as cadeas atopan serias dificultades para a doazón de produtos como carne e peixe, xa que esixen condicións óptimas de transporte e conservación para evitar riscos de seguridade alimentaria.
A ALIMENTACIÓN NON TEN DESPERDICIO
Desde 2012, AECOC coordina o proxecto ‘A alimentación non ten desperdicio’, que na actualidade aglutina a máis de 500 empresas fabricantes e distribuidoras para evitar a xeración de residuos alimentarios no sector. De feito, as compañías que forman parte deste proxecto conseguiron reducir o desperdicio alimentario que se xera coa súa actividade do 1,78% ao 0,75% desde o inicio do proxecto.
Ademais, AECOC organiza cada ano o Punto de Encontro contra o Desperdicio Alimentario para compartir as boas prácticas e accións que se están a levar a cabo polas empresas para evitar o desperdicio de alimentos. Este ano, na súa sétima edición, convocou a máis de 300 asistentes e contou coa participación de empresas e proxectos que expuxeron as súas exitosas estratexias para evitar a perda de alimentos.
Fonte: FuturEnviro
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación