-
Así se recolle no segundo informe presentado polo Observatorio de Transición Xusta, onde tamén se desvela que a preocupación é maior entre os mozos, ascendendo ao 78% os menores de 30 anos que apoian esta loita
Cerceda, a 14 de xuño de 2024.-O Observatorio de Transición Xusta presentou recentemente o seu segundo informe sobre a percepción da transición ecolóxica en España. No mesmo reflíctese que o 68% da cidadanía consultada considera que a loita contra o cambio climático debe ser unha prioridade, incrementándose en máis de 3 puntos porcentuais sobre o dato do ano pasado, cando se situou no 64,9%. A preocupación é maior entre os máis novos, ascendendo ao 78% os menores de 30 anos que apoian esta loita. Pola súa banda, o 4% sinala que non é importante e o 27% restante estima que, se ben esta loita é importante, otorga máis prioridade a outras cuestións neste momento.
Así mesmo, o estudo revela que a poboación é máis proclive a apoiar políticas de fomento de determinados sectores menos contaminantes a través de subvencións, que a medidas punitivas a través de restricións ou prohibicións. Desta maneira, as actuacións relativas aos impostos ambientais e a fixación de áreas de baixas emisións son as que ofrecen maior resistencia (o 35% e o 22% non estaría de acordo), posicionándose as medidas de sensibilización ou concienciación entre as que máis apoios reciben.
A maior parte da poboación considera que a transición ecolóxica é, en termos xerais e a curto prazo, unha oportunidade para a nosa sociedade (56%) e tan só o 19% concíbea como unha ameaza; unha percepción que mellora no longo prazo (67% fronte a 18%) e que sustenta sobre todo pola valoración do impacto positivo que a transición ecolóxica pode ter sobre a saúde e o medio ambiente. En torno ao 60% cre que pode reducir a contaminación do aire, da auga, mellorar a saúde e xerar contornas máis limpas. Con todo, obsérvase unha notable preocupación polo impacto que pode ter sobre o custo da vida. O 51% considera que os cambios de pautas de consumo que implica a transición ecolóxica poden ter un impacto na súa capacidade económica.
Os datos revelan un retroceso xeral entre 2022 e 2023, de 3 a 11 pp, respecto a comportamentos socialmente responsables co medio ambiente na vida cotiá, que se observa especialmente naqueles cambios que poden implicar un sobrecusto económico, como a disposición a pagar máis impostos, asumir o sobrecusto da compra dun coche híbrido ou eléctrico, ou a compra de produtos ecolóxicos.
Así mesmo, percíbese que, no último ano, crecería entre a poboación o perfil das denominadas persoas “inmobilistas”, que representan actualmente ao 16% da poboación, sendo este o perfil máis remiso ás transformacións que implican o proceso de transición ecolóxica.
Fonte: Compromiso RSE
Imaxe: Pexels