- Así se recolle no “Estudo de hábitos de reciclaxe”, elaborado polo Instituto Apolda para Ecoembes.
- Indícase igualmente que as vivendas contan cunha media de 3,2 cubos para segregar os residuos, un dato que se ve incrementado con respecto ao ano anterior.
- Son os divorciados os que lideran a reciclaxe, seguidos moi de preto polos casados e as persoas con parella estable, atopándose os viuvos á cola.
- Por idades, as persoas de entre 35 e 54 anos son as máis recicladoras, situándose por baixo os mozos de entre 16 e 34 anos.
- Se se atende ao xénero, podería dicirse que hai igualdade entre homes e mulleres, xa que ambos sexos manifestan a súa colaboración na reciclaxe.
Cerceda, a 4 de setembro de 2019.- A reciclaxe vaise asentando aos poucos no noso país e todo apunta a que cada vez son máis os cidadáns que separan os seus residuos en orixe para aportar o seu gran de area na protección do medio ambiente.
Segundo o “Estudo de hábitos de reciclaxe”, elaborado polo Instituto Apolda para Ecoembes, o 79,8% dos españois (é dicir, 37 millóns de persoas) asegura dispoñer dun espazo no seu fogar para depositar os materiais correspondentes ao contedor amarelo, isto é, envases de plástico, latas e briks.
Indícase igualmente que as vivendas contan cunha media de 3,2 cubos para segregar os refugallos, un dato que se ve incrementado con respecto ao ano anterior.
Pola súa banda, os cidadáns comprometidos coa reciclaxe móstranse convencidos de que separar os materiais que conforman o lixo é un labor importante “aínda que non todo o mundo o faga” e que “reciclar ben os envases é motivo de orgullo”.
Son os divorciados os que lideran a reciclaxe. De feito, o 88,7% das persoas divorciadas asegura dispoñer de máis dun espazo na súa casa para clasificar os residuos, sendo un deles o dos envases do contedor amarelo.
Moi de preto séguenlle os casados e con parella estable, cunha contribución á reciclaxe dun 81,5% e un 80,2% respectivamente. Pola súa banda, os viuvos atópanse á cola, cun 76,5%.
Por idades, as persoas de entre 35 e 54 anos (o 82%) son as máis recicladoras, situándose por baixo os mozos de entre 16 e 34 anos (73,8%).
Respecto ao xénero, podería dicirse que hai igualdade entre homes e mulleres, xa que ambos sexos manifestan a súa colaboración na reciclaxe: un 79,9% no caso das mulleres e un 79,7% no dos homes.
De todos os xeitos, cabe sinalar que, tomando como referencia o estudo anterior, son os homes os que experimentaron un maior crecemento neste hábito (8,8 puntos fronte ao 5,7 das mulleres).
Fonte: Compromiso RSE
Imaxe: Ecoembes
Saúdos, Departamento de Comunicación