- Anualmente, os océanos reciben 8 millóns de toneladas de residuos plásticos cada ano e100.000 mamíferos, así coma 1 millón de aves mariñas, morren pola contaminación plástica.
- O mar é esencial para a vida e, con sinxelos xestos, os cidadáns tamén podemos contribuír a frear a marea de plástico.
Cerceda, a 5 de xullo de 2021.- Agora no verán, cando moitos cidadáns optan por gozar das súas vacacións estivais preto do mar, non está de máis lembrar que a contaminación mariña pon en perigo un elemento esencial para a vida. Un 72% da superficie da Terra son augas oceánicas que proporcionan alimentos para a humanidade, son hábitat de especies, contribúen a regular o clima, etc.
Anualmente os océanos reciben 8 millóns de toneladas plásticas e, cada ano, 100.000 mamíferos e 1 millón de aves mariñas morren debido á contaminación plástica.
A nivel individual e colectivo, podemos contribuír a frear a marea de plástico con sinxelos xestos:
1. Na medida do posible, comprar a granel.
2. Levar sempre as nosas propias bolsas á compra e, cando non sexa posible, reutilizar ao máximo as que nos proporcionen.
3. Optar por materiais máis respectuosos co medio ambiente. É o caso do algodón e o bambú.
4.- Revisar os nosos envases de hixiene e limpeza doméstica. Podemos atopar microesferas (minúsculas bolitas plásticas) en artigos de uso diario como os deterxentes ou a pasta de dentes. É necesario comprobar ben as etiquetas antes de adquirilos e dar preferencia a aqueles que sexan naturais ou dispoñan da etiqueta ecolóxica Ecolabel.
5. Eliminar os plásticos dun só uso. É o caso das vaixelas, vasos ou botellas. Evitemos comprar produtos envasados en plástico.
6. Non usar o inodoro como papeleira. Os bastonciños e as toalliñas hixiénicas deben depositarse no cubo do lixo, xunto coa fracción resto.
7. Non verter o aceite usado polo desaugadoiro da cociña. Nalgúns municipios hai contedores específicos nas rúas e, noutros, pódese levar ao momento limpo.
8. Cada residuo no seu sitio. Seleccionar os residuos en orixe e depositar cada tipoloxía de material no contedor correspondente para propiciar o seu posterior reciclado.
Fonte: Blogue Oxfam Intermon
Imaxe: Pexels