Noticias
O 81% dos españois apoiaría medidas máis estritas contra o cambio climático
- O BEI presentou os resultados da primeira edición da enquisa sobre o clima 2021-2022, a través da cal se explora as opinións dos cidadáns sobre o cambio climático.
Cerceda, a 15 de novembro de 2021.- Conforme aos resultados da primeira edición da enquisa sobre o clima 2021-2022 do BEI (Banco Europeo de Investimentos), centrada na percepción dos cidadáns sobre o cambio climático e as medidas que agardan que o seu país adopte para combatelo, dedúcese que:
- O 82 % dos españois afirma que o cambio climático é o maior reto ao que se enfronta a sociedade no século XXI. Esta cifra é superior ao 73 % en todos os grupos de idade e tendencias políticas da poboación española.
- O 81 % considera que o cambio climático ten un impacto na súa vida cotiá, o que supón un aumento de 5 puntos respecto ao ano pasado (76 %), sendo 4 puntos superior á dos europeos en xeral (77 %), e está a favor de medidas gobernamentais máis estritas que obriguen a mudar o comportamento dos cidadáns.
- O 83 % cre que está máis preocupado pola emerxencia climática que o seu Goberno (8 puntos máis que a media europea do 75 %). Afirman que as medidas vixentes son demasiado flexibles, polo que os particulares e as empresas non se ven obrigados a cambiar as súas prácticas. Por isto, o 58 % dos cidadáns considera que España non conseguirá reducir drasticamente as súas emisións de carbono para 2050, como se comprometeu no Acordo de París.
- O 58 % considera que o seu país non logrará reducir drasticamente as súas emisións de carbono para 2050.
- O 75 % estaría a favor dun imposto sobre os produtos e servizos que máis contribúen ao quecemento global. Incluso o 73 % dos enquisados cun nivel de ingresos considerado como renda baixa estaría a favor deste imposto.
- O 94 % é partidario de impoñer unha garantía dun mínimo de 5 anos a calquera produto eléctrico ou electrónico e o 89 % amósase partidario de substituír os voos de curta distancia por trens rápidos e pouco contaminantes en colaboración cos países veciños.
- O 95 % está a favor de reforzar a educación e sensibilizar aos nenos sobre o consumo sostible.
- Unha gran maioría dos españois pensa que o seu país debería recorrer en maior medida ás enerxías renovables (76 %) para facer fronte á crise climática, unha cifra que supera en 13 puntos a media europea (63 %).
- O 10 % (7 % dos homes e 13 % das mulleres) priorizaría o aforro enerxético sobre o desenvolvemento doutras fontes de enerxía para facer fronte á crise climática.
O BEI é o instrumento de préstamo da Unión Europea e o maior provedor de fondos multilateral do mundo para proxectos de acción polo clima.
Fonte: Retema
Imaxe: Pexels