- Así se recolle nun novo informe encargado pola plataforma de envíos para comercio electrónico Sendcloud.
- Se ben máis da metade dos enquisados móstranse preocupados polo impacto do ecommerce no medio ambiente, só o 41% estaría disposto a pagar máis por unha opción de entrega máis ecolóxica.
- Igualmente, seis de cada dez compradores considera que as tendas en liña utilizan demasiado material de embalaxe para empaquetar os pedidos.
Cerceda, a 21 de xuño de 2021.- Segundo un novo informe encargado pola plataforma de envíos para comercio electrónico Sendcloud, máis da metade (52%) dos consumidores españois móstranse preocupados polo impacto das compras en liña para o medio ambiente. Se ben oito de cada dez consideran que o material de embalaxe debería ser totalmente reciclable, só o 41% estaría disposto a pagar máis por unha opción de entrega máis ecolóxica.
Aínda que os consumidores son conscientes das negativas consecuencias das compras en liña para a contorna, non parecen especialmente motivados por contribuír ao benestar do planeta cando realizan un pedido en liña.
Mentres que 3 de cada 5 (63%) mencionan o impacto ambiental como unha parte importante do proceso de entrega, só o 4% prefire un servizo de entrega concreto sobre outro se este ofrece opción ecolóxica. Ademais, menos da metade (41%) están dispostos a pagar unha cota extra a cambio dunha entrega neutra en emisións de CO2.
A maioría dos compradores non están dispostos a pagar por unha entrega ecolóxica, pero si consideran que as tendas en liña poderían reducir a súa pegada de carbono.
Pola súa banda, o 82% cre que todo o material de embalaxe debería ser totalmente reciclable e case dous terzos -o 62%- considera que as tendas en liña utilizan demasiado material de embalaxe para empaquetar os pedidos.
En toda Europa, o 54% dos consumidores considera que as compras en liña son un problema para o clima, destacando Alemaña como o país máis concienciado, cun 64%.
Fonte: Sendcloud
Imaxe: Pexels