- Así o asegura o informe “Education and Training Monitor 2024” da Comisión Europea
- Con todo, só 3 de cada 10 actúan a favor da sostibilidade no seu día a día
Cerceda, a 13 de xaneiro de 2025.- Os desafíos globais, como o cambio climático, esixen modificar, con carácter urxente, os nosos estilos de vida, así como a forma en que pensamos e actuamos, e este cambio debe comezar desde a educación, que será a base para transformar a maneira de entender e abordar a sostibilidade na sociedade.
Segundo reflicte o informe “Education and Training Monitor 2024” da Comisión Europea, máis de 8 de cada 10 mozos cren na importancia do seu impacto individual para transformar a sociedade, aínda que logo non todos actúen dese xeito. Isto pode deberse a obstáculos como o non saber como contribuír, ou con quen poder facelo para crear unha comunidade máis concienciada.
Para enfrontar estes desafíos, é necesario desenvolver novas competencias, actitudes e comportamentos que contribúan á creación de sociedades máis sostibles. Empresas como DoGood People teñen como misión contribuír á creación destas sociedades. Máis aló da súa oferta para corporacións, desenvolven programas en educación primaria co obxectivo de promover accións sostibles desde unha idade temperá, apoiados polo impulso e a dedicación dos mestres. No ámbito universitario, ofrecen programas nos campus para incentivar a conciencia e a participación en prácticas responsables. E ademais, traballan xunto con algunhas universidades con comunidades de exalumnos a través de programas deseñados para manter vivo o compromiso coa sostibilidade e fortalecer o sentido de comunidade, asegurando deste xeito que o impacto positivo se perpetúe máis aló das aulas.
Un caso de éxito nos programas de exalumnos é o de Esade Alumni, que logo de tres anos e colaborando en catro programas con DoGood, continúan a reforzar o seu compromiso para acadar obxectivos tales como promover a participación activa nun mundo mellor a través de novos hábitos sostibles, atopar unha ferramenta en liña para xerar contacto entre a súa comunidade de antigos alumnos, ou acadar a comunidade internacional.
O segundo programa, por exemplo, conseguiu un rexistro do 74% dos ex alumnos, e 9 de cada 10 participantes recoñeceron adquirir novos hábitos ao finalizalo.
Fonte e imaxe: Compromiso RSE