- O último estudo de opinión promovido por SIGRE, constata un maior coñecemento do Punto SIGRE e un incremento de 3 puntos no uso do mesmo con respecto a 2018, ascendendo a un 70%.
- Durante o pasado exercicio recolleuse unha media de 103 gramos por habitante de envases baleiros ou con restos de medicamentos, consolidándose desta forma o uso do Punto SIGRE por parte da poboación.
- A finais de 2019, a práctica totalidade das farmacias existentes no noso país colaboraban no sistema.
- Así mesmo, e grazas aos plans de prevención a industria farmacéutica conseguiu reducir o peso dos seus envases en máis dun 25%.
Cerceda, a 23 de xullo de 2020.- O último estudo de opinión promovido por SIGRE, e no que se analiza a actitude e o grao de sensibilización cidadá en torno ao reciclado dos restos de medicamentos e os seus envases, mostra que o 95% dos cidadáns é consciente do dano medioambiental que supón tirar estes residuos ao lixo ou polo desaugadoiro, aumentando esta porcentaxe con respecto ao ano anterior (92%).
Así mesmo, constátase un aumento no nivel de coñecemento do Punto SIGRE, situándose nun 92% dos cidadáns consultados, e un incremento de tres puntos no uso do mesmo con respecto a 2018, ascendendo a un 70%.
Cabe recordar que no Punto SIGRE deposítanse, na súa meirande parte, medicamentos caducados (96%), restos de medicación (57%) e envases baleiros (25%). Este xesto lévase a cabo, fundamentalmente, cando se revisa o botiquín doméstico (60%) e cando está chea o lugar onde se van gardando estes refugallos na casa (25%).
O 97% dos enquisados considera que a localización máis idónea para o Punto SIGRE é a farmacia. A finais de 2019 había un total de 21.899 farmacias colaboradoras, practicamente a totalidade das que existen no noso país, circunstancia que propicia que os cidadáns poidan desprenderse destes residuos con total garantía para a súa saúde e para o medio ambiente.
Tal e como figura no informe anual de actividade 2019 de SIGRE, durante o pasado exercicio recolleuse unha media de 103 gramos por habitante de envases baleiros ou con restos de medicamentos, consolidándose desta forma o uso do Punto SIGRE por parte da poboación.
FARMACIAS CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO
A meirande parte dos farmacéuticos (97%) valora de forma moi positiva a iniciativa SIGRE e o 88% considera que a colaboración das farmacias con este SIX contribúe á loita contra o cambio climático.
Así mesmo, o 77% asegura ter posto en marcha algunha acción ambiental na súa farmacia nos últimos tres anos, aumentando a porcentaxe en máis de 10 puntos con respecto a 2019. As medidas adoptadas son principalmente a mellora na reciclaxe dos distintos tipos de residuos xerados na farmacia (53%), o uso de bolsas biodegradables (20%) e a instalación de lámpadas de baixo consumo (17%).
POLÍTICA DE PREVENCIÓN
Na actualidade, os laboratorios farmacéuticos están desenvolvendo o Plan Empresarial de Prevención de Envases (PEP) 2018-2020, o seu sétimo Plan trienal. Grazas a estes plans sectoriais, nas últimas dúas décadas a industria farmacéutica conseguiu reducir o peso dos seus envases en máis dun 25%.
Durante 2019, medio cento de laboratorios aplicaron 180 medidas de ecodeseño, fase na que se estima que se produce o 80% do seu impacto ambiental, o que permitiu aforrar máis de 178 toneladas de materias primas.
Fonte e imaxe: SIGRE