- É por isto que, tal e como manifesta o Director Xeral de SIGAUS, Eduardo de Lecea, requírese da colaboración de todos os actores.
- Recomenda ao cidadán realizar o cambio do aceite do seu vehículo nun taller autorizado, garantindo que este refugallo recibirá o tratamento axeitodo.
- Deste xeito, non só se evitará o seu negativo impacto sobre a contorna, senón que se conseguirán importantes beneficios ambientais: aforro de materias primas e emisións de CO2.
- A alta dispersión poboacional nalgunhas áreas xeográficas do noso país require dun esforzo loxístico considerable por parte de SIGAUS para atender aos case 70.000 establecementos aos que este SIX dá servizo.
- De forma maioritaria, este residuo destínase a rexeneración para convertelo en novas bases lubricantes. No caso de que non se pode rexenerar, convértese nun combustible de uso industrial similar ao fuel óleo.
Cerceda, a 23 de xaneiro de 2019.- Nunha entrevista recollida no último número da Newsletter de Sogama, o Director Xeral de SIGAUS, Eduardo de Lecea, explica a gran importancia que ten xestionar correctamente o aceite industrial usado dada a súa consideración de residuo perigoso e altamente contaminante.
É por isTo que apela á colaboración de todos os actores; unha colaboración que comeza no mesmo instante no que o cidadán se dispón a cambiar o aceite do seu vehículo, sendo o máis recomendable, tal e como aconsella o máximo responsable de SIGAUS, realizalo en talleres autorizados que reúnan os requisitos e que cumpran con todas as garantías, é dicir, que dispoñan dos medios necesarios para almacenar o residuo de forma segura, evitando con isto fugas e derrames, e que se entregue posteriormente a un xestor autorizado.
A partir de aí, o aceite usado inicia un camiño con final feliz en todos os casos. Desde o taller transpórtase a un centro de transferencia onde se analiza o tratamento idóneo que debe dispensarse ao mesmo. Maioritariamente, destínase á rexeneración para convertelo en novas bases lubricantes. No caso de que non se poida rexenerar, transfórmase nun combustible de uso industrial similar ao fuel óleo.
COMPLEXIDADE LOXÍSTICA
O despregue loxístico que require este traballo de xestión non é cuestión baladí. Implica un labor extremadamente complexo no noso país debido á alta dispersión da poboación existente en determinadas áreas xeográficas.
Se beb o 80% do residuo concéntrase nunhas 500 localidades, o 20% restante debe ser recollido en máis de 4.000 municipios, operación que require de desprazamentos de máis de 100 quilómetros de media para asistir a zonas rurais ou poboacións de alta montaña.
De feito, SIGAUS atende a máis de 69.999 establecementos que producen aceite usado, algúns ata situados en zonas próximas a espazos naturais protexidos que requiren, se cabe, unha maior atención. A incorrecta xestión deste residuo traería consigo consecuencias devastadoras para o medio ambiente.
Unha rede conformada por 160 empresas fai posible a prestación deste servizo loxístico, que se leva a cabo coa máxima dilixencia, eficiencia e calidade.
FINANZAMENTO E BENEFICIOS
O custo de todo o sistema finánzase a través das achegas económicas das máis de 200 empresas, fabricantes e importadoras de lubricantes, adheridas a SIGAUS . Non obstante, é finalmente o consumidor o que o asume a través do abono de entre 24 e 30 céntimos de euro cada vez que cambia o aceite do seu coche, asegurando desta forma que o residuo vai recibir un correcto tratamento no marco da lexislación vixente.
Coa contribución de todos os cidadáns que actúan con responsabilidade, SIGAUS puido realizar investimentos medioambientais por importe de 200 millóns de euros nos 11 anos de actividade.
Xestionando de forma axeitada o aceite industrial usado, non só se evita o seu negativo impacto sobre a contorna, senón que se logran importantes beneficios ambientais traducidos en aforro de materias primas e emisións de CO2.
O Director Xeral de SIGAUS exemplifícao dunha forma moi gráfica ao sinalar que cada ano este Sistema Integrado de Xestión posibilita que se produzan 60.000 toneladas de novos lubricantes a partir do aceite usado. Con todo, para producir esta mesma cantidade de lubricante a partir do refino, necesitaríanse ao redor de 30 millóns de barrís de petróleo, coa particularidade de que se evita a emisión anual de 40.000 toneladas de CO2 á atmosfera.
Tras máis dunha década de servizo, SIGAUS xestionou 1,5 millóns de aceites usados a través de 1,2 millóns de operacións de recollida, obtendo, unha vez tratado, 690.000 toneladas de bases lubricantes, o que evitou a emisión de 3 millóns de toneladas de CO2 se, no seu lugar, o residuo destinouse á súa utilización como combustible.
Saúdos, Departamento de Comunicación