- Así se deduce a partir dos datos do Índice Sectorial sobre a Sostibilidade, elaborado por Kantar
- O 97% da cidadanía a nivel mundial está preparada para adoptar medidas que lle permitan levar un estilo de vida máis sostible, pero só o 13% está a cambiar activamente o seu comportamento debido ao elevado custo dos produtos cun impacto social/ambiental positivo
- O informe mostra tamén que case a metade dos consumidores deixou de comprar certos produtos ou servizos debido ao seu impacto ambiental ou social en termos de xeración de residuos, un 5% máis que o ano pasado
Cerceda, a 10 de xaneiro de 2023.- O 80% dos consumidores quere consumir de forma sostible, pero reclama ás empresas que este obxectivo sexa asumible desde o punto de vista económico. Así se deduce a partir dos datos do Índice Sectorial sobre a Sostibilidade, elaborado por Kantar.
O estudo mostra como o desexo de volverse sostible non se erosionou, e que o 97% da cidadanía a nivel mundial está preparada para adoptar medidas que lle permitan levar un estilo de vida máis sostible. Agora bien, continúa a existir unha importante distancia entre a intención e a acción, xa que só o 13% das persoas está a cambiar activamente o seu comportamento. O motivo: o prezo. Nun contexto de inflación, este representa o principal obstáculo, xa que os consumidores senten que os produtos cun impacto social/ambiental positivo teñen un custo superior e, polo tanto, obstaculizan a adopción masiva. De feito, o 68% cre que os produtos que son mellores para o medio ambiente e a sociedade son máis caros, e o 65% declara que quere facer máis polo planeta, pero llo impide o aumento do custo de vida.
En consecuencia, a participación dunha marca en cuestións ambientais e sociais afectará na probabilidade de ser comprada, pero farao de maneira diferente dependendo da situación económica na que se atope o consumidor.
Desta forma, 4 de cada 10 consumidores que se atopan nunha situación económica “cómoda”, aseguran que teñen en conta as causas nas que participan as marcas á hora de tomar decisións de compra, mentres que a cifra baixa a 2 de cada 10 no caso daqueles que teñen dificultades económicas.
"Para converterse nunha opción xeneralizada, as marcas deben saír ao mercado a un prezo accesible para unha maioría, xa que o prezo converteuse nunha barreira para o comportamento sostible: o 79% dos consumidores di que quere comprar produtos sostibles co medio ambiente, pero que as marcas terán que asegurarse de que se p poida permitir", explicou Mónica de Andrés, directora de Clientes e experta en Sostibilidade en Kantar Insights.
A XERACIÓN DE RESIDUOS INHIBE DETERMINADAS COMPRAS
O informe mostra tamén que case a metade dos consumidores deixou de comprar certos produtos ou servizos debido ao seu impacto no medio ambiente ou a sociedade en termos de xeración de residuos, un 5% máis que o ano pasado. Esta cifra crece ata o 73% entre os máis comprometidos coa sostibilidade. A problemática do sobreembalaxe, o consumo excesivo e os residuos é relevante para 24 dos 38 sectores analizados polo estudo Kantar SSI.
Fonte: Gestores de Residuos
Imaxe: Pexels