- A Universidade de Bristol, en Gran Bretaña, é un bo exemplo, toda vez que conseguiu reducir nun 27% as súas emisións, comprometéndose a ser neutra en carbono en 2030.
- Non en van, esta Universidade acolle ao Instituto Cabot para o Medio Ambiente, do que forman parte varios dos principais autores dos informes do IPCC.
- ONU Medio Ambiente produciu o Manual para Universidades Sostibles V.2.0 a fin de inspirar aos centros de ensino superior para que poñan en marcha estratexias ecolóxicas, eficientes en recursos e baixas en carbono.
- Así mesmo, traballa con outras institucións de Kenia a través da Rede de Universidades Verdes, cuxo obxectivo é integrar prácticas ambientais sólidas e promover o intercambio de coñecementos e experiencias nas 70 universidades públicas e privadas do país.
Cerceda, a 24 de maio de 2019.- Escolas e universidades de distintos puntos do mundo estanse a mobilizar contra o cambio climático a través da adopción de boas prácticas ambientais. O seu labor foi enxalzada por ONU Medio Ambiente, poñendo así de relevo a importancia transcendental que ten levar a cabo por parte destas entidades medidas exemplarizantes e formar en sostibilidade ás futuras xeracións.
Esta Organización traballa coas universidades de todo o mundo para tecer redes de universidades sostibles que permitan incorporar estratexias de desenvolvemento con baixas emisións. Neste sentido, cabe sinalar que esta Organización produciu o Manual para Universidades Sostibles V.2.0 a fin de inspirar aos centros de ensino superior para que poñan en marcha estratexias ecolóxicas, eficientes en recursos e baixas en carbono.
BOAS PRÁCTICAS
É o caso da Universidade de Bristol, en Gran Bretaña, que logrou reducir nun 27% as súas emisións grazas a unha combinación de medidas que inclúen controis de calefacción e iluminación LED, comprometéndose, así mesmo, a converterse en neutra en carbono en 2030; unha decisión que non pasa desapercibida se se ten en conta que esta universidade acolle o Instituto Cabot para o Medio Ambiente, do que forman parte varios dos principais autores dos informes do Panel Intergubernamental sobre o Cambio Climático (IPCC).
A fin de animar á acción, ONU faise eco de casos de interese como o da Universidade Bowdoin en Maine, que se converteu en carbono neutral en 2018, dous anos antes do previsto, reducindo as súas emisións de carbono nun 29%. Pasou de emitir 16.326 toneladas métricas en 2008 a 11.620 toneladas métricas en 2018, evitando que máis do 50% dos seus residuos acabasen en vertedoiro.
Para amortizar as emisións restantes, está investindo en compensacións de carbono con impactos rexionais e en créditos de enerxía renovables asociados con parques eólicos.
Operativa similar seguiu Washington DC, que agora utiliza un 21% menos de enerxía que en 2005. Conta con seis edificios con Certificación LEED (Liderado en Enerxía e Deseño Ambiental, sendo o sistema de clasificación de edificios ecolóxicos máis utilizado do mundo) e ten previsto construír outros catro.
Así mesmo, dispón de oito teitos verdes, sete paneis solares, nove concas de bioretención e xardíns de choiva. Os autobuses que dan servizo a esta universidade funcionan con biodiesel, o seu campus está preparado para a circulación de bicicletas e plantou máis de 1,2 millóns de árbores na cidade para compensar as emisións de gases de efecto invernadoiro procedentes dos desprazamentos.
O 50% das súas necesidades enerxéticas cóbrense a través dunha granxa de paneis solares establecida en Carolina do Norte, en colaboración coa Universidade George Washington e o seu respectivo hospital. O outro 50% procede de proxectos de enerxía renovable.
En Australia destaca a Universidade Charles Sturt, que foi certificada en 2016 como a primeira universidade neutral en carbono do seu país, e, en Kenia, a Universidade Strathmore
EN VERDE
Adicionalmente, ONU Medio Ambiente traballa con outras institucións de Kenia a través da Rede de Universidades Verdes. Lanzada en 2016, o seu obxectivo é integrar prácticas ambientais sólidas e promover o intercambio de coñecementos e experiencias nas 70 universidades públicas e privadas do país.
A Alianza de Escolas Verdes constitúe outra iniciativa de gran interese que logrou conectar xa á máis de 13.000 defensores da sostibilidade en máis de 9.000 centros educativos, distritos e organizacións en 91 países.
Fonte: ONU Medio Ambiente
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación