- Así se recolle no informe especial elaborado polo IPCC e no que colaborou a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura.
- A FAO lamenta, unha vez máis, que ao redor dun terzo dos alimentos producidos se perda ou desperdicie, e que entre un cuarto e un terzo de todas as emisións de gases de efecto invernadero proveñan da forma en que se utiliza a terra e da forma na que se producen e consome os alimentos.
- Considera que o sector agrícola ten un gran potencial para almacenar grandes cantidades de carbono nos solos, bosques e océanos, polo que debe visualizarse como unha solución e non como un problema para facer fronte ao cambio climático.
Cerceda, a 26 de agosto de 2019.- Tal e como se recolle no informe especial publicado a principios do mes de agosto polo Grupo Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC), e no que colaborou a FAO, as prácticas agrícolas insostibles poden contribuír ao cambio climático.
A xuízo de María Helena Semedo, Subdirectora Xeral da FAO para o Clima e os Recursos Naturais, “trátase dun informe alarmante sobre como a degradación sistemática dos solos, a talla de bosques, a desertificación, as prácticas agrícolas insostibles e a redución da biodiversidade converteron as nosas terras nunha importante fonte de carbono, poñendo en maior risco a nosa seguridade alimentaria e o medio ambiente",
A FAO lamenta, unha vez máis, que ao redor dun terzo dos alimentos producidos se perda ou desperdicie, e que entre un cuarto e un terzo de todas as emisións de gases de efecto invernadoiro proveñan da forma en que se utiliza a terra e da forma na que se producen e consome os alimentos.
Considera que o sector agrícola ten un gran potencial para almacenar grandes cantidades de carbono nos solos, bosques e océanos, polo que debe visualizarse como unha solución e non como un problema para facer fronte ao cambio climático. Para iso é necesario contar con sistemas agrícolas máis intelixentes e integrados e unha mellor gobernanza forestal e planificación do uso da terra, avanzando ao mesmo tempo cara a enfoques que protexan a biodiversidade, utilicen os recursos naturais de forma sostible e promovan os servizos ecosistémicos.
A adopción de mellores prácticas na alimentación do gando e na xestión do esterco, así como un mellor uso de tecnoloxías como os xeradores de biogás e os dispositivos que aforran enerxía, forman parte igualmente da transformación cara a unha agricultura sostible, resultando tamén crucial seguir dietas diversificadas para garantir un uso menos intensivo dos recursos naturais.
A mellora das técnicas de recolección, de almacenamento nas granxas, as infraestruturas, o transporte, a embalaxe, a venda polo miúdo e a educación poden contribuír a reducir a perda e o desperdicio de alimentos ao longo de toda a cadea.
Fonte: FAO
Saúdos, Departamento de Comunicación