- Este colectivo tamén vén colaborando en tarefas de desinfección de espazos públicos, donando material a sanitarios, comida a transportistas e entregando parte dos beneficios da venda a entidades que velan polo benestar dos máis desfavorecidos.
- A agricultura e a gandeiría están a demostrar que, malia unha demanda de alimentos sen precedentes, poden ofrecer produtos de calidade a prezos sostibles e baixo os estándares de seguridade máis esixentes.
- O sector incide na necesidade de promover o consumo de artgios locais para poñer en valor o labor dos nosos agricultores e garantir a súa sostibilidade económica.
Cerceda, a 4 de maio de 2020.- Agricultores, gandeiros e empresas agroalimentarias de toda España continuaron traballando tralo decreto do estado de alarma provocado pola crise do COVID-19, toda vez que desenvolven unha actividade esencial que resulta imprescindible para garantir a subministración de de alimentos seguros e de calidade para a cidadanía. Non obstante, o seu compromiso social vai máis aló ao colaborar en tarefas de desinfección de espazos públicos, donar material a sanitarios, comida a transportistas e entregar parte dos beneficios da venda a entidades que velan polo benestar dos máis desfavorecidos.
Neste marco, SIGFITO Agroenvases, sociedade sen ánimo de lucro encargada da recollida de envases agrarios para darlles un correcto tratamento medioambiental, subliña a necesidade de apuntalar un modelo agrícola de marcado carácter social, centrado na produtividade, a eficiencia e a sostibilidade, polo que resulta imprescindible que as medidas adoptadas por países de todo o mundo respecto do seu comercio exterior, destinadas a frear a expansión do virus, non interrompan a cadea de subministración de alimentos e eviten desequilibrios na oferta e demanda, así como repercusións nos prezos e escaseza de alimentos.
A agricultura e a gandeiría están demostrar que, malia a demanda de alimentos sen precedentes, poden ofrecer produtos de calidade a prezos sostibles e baixo os estándares de seguridade máis esixentes. En todo momento estivo garantido o abastecemento, cunha rápida reacción do campo xunto á industria alimentaria e á distribución.
Segundo ALAS (Alianza por unha agricultura sostible), o sector agrícola activou a economía española trala crise do 2008 e volverao a facer de novo. De feito, foi o que menos emprego destruíu este mes de marzo, segundo datos do SEPE, circunstancia que evidencia que o campo é unha actividade esencial e estratéxica. Así mesmo, é necesario promover o consumo de produtos locais para poñer en valor o traballo de nuestrvos agricultores e garantir o seu sostenibilidad económica.
Fonte: SIGFITO
Imaxe: Pixabay