- Consagra o dereito dos consumidores a reparar produtos rotos ou defectuosos de forma fácil, barata, rápida e atractiva
Cerceda, a 3 de xuño de 2024.-O Consello da Unión Europea adoptou o pasado 30 de maio unha directiva que promove a reparación de produtos rotos ou defectuosos, tamén coñecida como directiva sobre o dereito a reparar (ou R2R), propiciando que, para os consumidores, resulte máis fácil, barato e rápido, buscar reparación en lugar de substitución.
Tamén brinda aos fabricantes o incentivo que supón fabricar produtos que duren máis e poidan repararse, reutilizarse e reciclarse, facendo que reparación sexa unha actividade económica máis atractiva que pode crear empregos de calidade en Europa.
Con tal fin, a directiva crea un conxunto de ferramentas tales como esixir aos fabricantes que reparen produtos tecnicamente viables segundo a lexislación da UE; a dispoñibilidade dun formulario de reparación voluntaria con información clara sobre o proceso (prazos, prezos etc.)/ etc.); unha plataforma europea en liña onde os consumidores poden atopar facilmente servizos de reparación e a estensión da garantía legal a 12 meses.
Tras ser asinada polo Presidente do Parlamento Europeo e o Presidente do Consello, a directiva publicarase no Diario Oficial da Unión Europea e entrará en vigor aos vinte días da súa publicación. Os Estados membros terán, desde entón, 24 meses para transpoñela á súa lexislación nacional.
Contexto
Esta proposta foi presentada pola Comisión o 22 de marzo de 2023 e forma parte da Nova Axenda do Consumidor e do Plan de Acción de Economía Circular. Complementa outra lexislación recente da UE para promover o consumo sostible, como o regulamento sobre deseño ecolóxico para produtos sostibles (que promoverá a produción de produtos reparables) e a directiva sobre o empoderamento dos consumidores para a transición verde (que permitirá aos consumidores realizar compras mellor informadas).
Fonte: Consello da UE