- A venda de bebidas refrescantes, deportivas e enerxéticas envasadas en lata increméntase un 14%, mentres a cervexa consolida as cifras récord alcanzadas en 2020
- A auga en lata multiplicou por cinco as vendas do ano anterior
Cerceda, a 29 de xuño de 2022.- O empuxe da lata de bebidas non se viu afectado pola crise do COVID-19. En 2021, o seu consumo en España creceu en volume un 5,3% debido a tres factores fundamentalmente:
- A plena recuperación a niveis prepandémicos da venda de bebidas refrescantes, deportivas e enerxéticas enlatadas, cun incremento do 14% sobre as vendas de 2020.
- O bo comportamento da venda de cervexa en lata ao consolidar as cifras récord alcanzadas en 2020. Durante a pandemia produciuse un significativo desprazamento do consumo de cervexa aos fogares, en detrimento do sector HORECA. Con todo, a progresiva volta á normalidade durante 2021 confirmou a posición da cervexa en lata no mercado.
- O espectacular incremento de novos produtos envasados en lata, coma o viño, os combinadas con alcohol, os hard seltzer ou a auga. Concretamente, o pasado ano a auga envasada en lata multiplicou por cinco as vendas do ano anterior, demostrando que é unha tendencia que chegou para quedar.
Atributos tales como a seguridade, perfecta conservación do produto, lixeireza, comodidade, facilidade de apilamento na despensa ou no frigorífico, total reciclabilidade real e reducida pegada ambiental, permitiron á lata incrementar a súa presenza no mercado un 10% sobre os niveis de 2019.
Os novos desenvolvementos normativos e a crecente sensibilidade ambiental da sociedade española formulan interesantes retos no campo dos envases e dos seus residuos, brindando á lata unhas magníficas expectativas de futuro no marco dunha economía verdadeiramente circular.
Fonte e imaxe: Revista IDE