- Aumentan os consumidores ecoactivos, é dicir, aqueles que están bastante ou moi implicados na protección da contorna; pola contrar, baixa, nun 8%, os ecorresignados, é dicir, aqueles que non levan a cabo acción algunha para axudar ao planeta.
- Así mesmo, a pandemia intensificou a importancia de todo o relacionado coa seguridade alimentaria e coa necesidade de coñecer cal é a orixe do que comemos.
Cerceda, a 28 de outubro de 2020.- O confinamento cambiou a sensibilidade dos cidadáns sobre o consumo e o medio ambiente.
Segundo o informe de Kantar de 2020, realizado entre maio e xuño, o 46 % das persoas confirman que os problemas medioambientais aféctanlles personalmente.
Neus Soler, profesora colaboradora dos Estudos de Economía e Empresa da UOC, asegura que “a pandemia puxo de manifesto que a necesidade de coidar o planeta é real e que a pegada que deixamos as persoas na natureza é moi negativa”.
Segundo o informe Who Cares, Who Does? 2020, de Kantar, o número de consumidores implicados, moito ou bastante, no coidado do medio ambiente (ecoactivos e ecoconsiderados) aumenta dun ano a outro, e pasa a representar un 59 % dos compradores en 2020, fronte ao 51 % de 2019.
Esta tendencia de crecemento de consumidores máis «verdes» reprodúcese de forma similar a escala global: Europa vai na cabeza, con Europa do Este (67 %) e Europa occidental (64 %); seguida de América Latina (53 %); de Estados Unidos (52%), na terceira posición, e, en último lugar, de Asia (42 %).
Os consumidores ecoactivos buscan estratexias para preservar a contorna, mentres que os ecoconsiderados son aqueles que simpatizan con certas accións, pero que non sempre as levan a cabo, aínda sendo conscientes da súa importancia.
A polución do aire e a seguridade alimentaria son os temas que xeran máis preocupación este 2020, aumentando, respecto do ano anterior, nun 1,1 % e un 1,9 % respectivamente.
A pandemia intensificou a necesidade de coñecer cal é a orixe do que comemos, como se manipulan os alimentos nos diferentes niveis da cadea de distribución, etc..
Os ecoactivos constitúen un target moi interesante para o mercado. Segundo o informe, este grupo ten un gasto mundial de 382 billóns de dólares nos bens de consumo de alta rotación (fast moving consumer goods). As marcas que invistan en sostibilidade e coidado do medio ambiente poden chegar a este cliente cun poder adquisitivo medio-alto.
ECORRESIGNADOS, Á BAIXA
Alén da balanza está o consumidor ecorresignado, é dicir, aquel que non ten moito interese polos retos medioambientais aos que se enfronta o mundo e que non leva a cabo medida algunhae non leva a cabo medida algunha para mellorar.
Aínda así, as cifras demostran que este tipo de consumidor decrece un 8 % a escala global. En Latinoamérica é onde máis baixa, un 16 % en comparación co ano 2019, seguida de Europa do este, cun 7 %.
Fonte: UOC
Imaxe: Pixabay