- Así o indica ESWET, que defende a valorización enerxética da fracción non reciclable como tratamento seguro que permite eliminar nas mellores condicións contaminantes e patóxenos.
- Os traballadores de xestión de residuos están contribuíndo hoxe ao funcionamento da nosa sociedade, garantindo que os refugallos producidos polos cidadáns se recollan, clasifiquen, reciclen e recuperen.
Cerceda, a 22 de abril de 2020.- O brote de COVID-19 evidencia o crecente número de desafíos aos que o mundo debe enfrontarse. A crise sanitaria que estamos a vivir alterou substancialmente o funcionamento de servizos esenciais e de determinadas infraestruturas que hoxe fixéronse máis necesarias.
Como complemento á reciclaxe, ESWET (European Suppliers of Waste to Energy Technology defende que a valorización enerxética da fracción non reciclable é un tratamento seguro, toda vez que reduce o seu volume en aproximadamente un 90% e elimina nas mellores condicións elementos contaminantes e patóxenos.
Tal e como manifestou Patrick Clerens, Secretario Xeral de ESWET, “nestes días, a responsabilidade do sector WtE expandiuse debido aos efectos disruptivos dos brotes na recollida de residuos, a súa clasificación e tratamento en xeral. Ao mesmo tempo, os operadores de xestión de lixo e a súa cadea de subministración deben garantir a seguridade dos seus empregados e cumprir coas medidas de urxencia, o que fai que a súa misión sexa aínda máis desafiante”.
Polo tanto, o impacto da pandemia puxo de manifesto a necesidade dunha cadea de xestión de residuos forte e resistente. O mundo, tal e como vén advertindo a comunidade científica, enfrontarase a unha nova crise relacionada co cambio climático, polo que, segundo ESWET, resulta particularmente importante evitar unha posible falta de confianza dos consumidores que podería desencadear unha oleada de cultura de usar e tirar.
ESWET fai unha chamada á Unión Europea e ás autoridades nacionais para que:
- Considere aos operadores de xestión de residuos, pero tamén aos provedores de tecnoloxía dos que dependen en gran medida para o mantemento e os produtos, como servizos esenciais en todos os Estados membros.
- Se anticipe ás necesidades de todos os servizos esenciais neste brote, así como a calquera futura crise de saúde e medio ambiente.
Os traballadores de xestión de residuos están contribuíndo hoxe ao funcionamento da nosa sociedade, garantindo que os refugallos producidos polos cidadáns se recollan, clasifiquen, reciclen e recuperen. Como outros servizos clave, están facendo fronte ás ameazas do COVID-19 para manter o medio ambiente o máis limpo e seguro posible.
Fonte: ESWET