- A enquisa, realizada a 7.051 europeos, levouse a cabo en Francia, Alemaña, España, Italia, Austria, Turquía, Polonia, Benelux e Reino Unido, un ano despois de que se rexistrara o primeiro caso de coronavirus en Wuhan (China).
- Dos 1.010 adultos enquisados no noso país, o 69 % declarou que recicla máis agora que antes da pandemia.
- Pola súa banda, o 60% afirmou que o impacto ambiental dos envases afecta as súas decisións de compra,
Cerceda, a 14 de xaneiro de 2022.- Segundo un novo estudo levado a cabo por Perspectus Global para Pro Carton, a asociación europea de fabricantes de cartón, desde a pandemia do coronavirus e o impacto positivo que tiveron os confinamentos globais na saúde do medio ambiente, milleiros de españois cambiaron o seu comportamento e hábitos debido a unha maior preocupación polo cambio climático. De feito, máis da metade (53 %) dos enquisados afirmaron que o covid fíxolles preocuparse máis pola protección da contorna.
A enquisa, realizada a 7.051 europeos, levouse a cabo en Francia, Alemaña, España, Italia, Austria, Turquía, Polonia, Benelux e Reino Unido un ano despois de que se rexistrase o primeiro caso de coronavirus en Wuhan (China).
Dos 1.010 adultos enquisados no noso país, 7 de cada 10 consumidores (69 %) declararon que reciclan máis agora que o ano pasado. Así mesmo, case a metade (45 %) tomou medidas para reducir o seu consumo de auga.
As credenciais ambientais dos envases tamén influíron no cambio de comportamento dos consumidores, e moitos deles modificaron a súa forma de comprar desde o inicio da pandemia. Seis de cada dez (60%) declararon que o impacto ambiental dos envases afecta as súas decisións de compra.
Preto da metade (47 %) indicou que compra con máis frecuencia produtos envasados de forma ecolóxica. De feito, a abafadora maioría —case nove de cada dez (85 %)— dixo que elixiría un envase de cartón en lugar dun envase de plástico se comprase o mesmo produto.
Winfried Muehling, director xeral de Prol Carton, declarou ao respecto que: «Esta enquisa realizouse nun momento moi interesante, no que os consumidores podían ver claramente o efecto reparador que podían ter os confinamentos globais e a relantización da actividade humana na saúde do medio ambiente. Aínda que volver á normalidade é estupendo, isto deixou e deixará unha pegada duradeira no comportamento dos consumidores e a súa preocupación polo medio ambiente».
Fonte: IDE
Imaxe: Pexels