- A crise tamén está a provocar que os consumidores tomen maior conciencia do impacto que as súas compras teñen na saúde e o medio ambiente.
- Así se pon de manifesto nos resultados dunha enquisa realizada por Accenture, na que tamén se asegura que a pandemia propiciou que máis xente faga a súa compra de alimentos online e que se acelere o uso da tecnoloxía
Cerceda, a 26 de maio de 2020.- Os resultados dunha enquisa realizada por Accenture a máis de 3.000 consumidores en 15 países, entre os que se atopa España, apuntan a que os cambios nos hábitos de consumo con motivo da pandemia do coronavirus poderían ter chegado para quedarse.
Do estudo, efectuado a principios de abril, despois de que moitos países activasen plans de confinamento para a poboación, despréndese que os cidadáns compraron máis produtos de hixiene persoal e limpeza, así como alimentos envasados e frescos que dúas semanas antes. Pola contra, adquiriron menos artigos de moda, beleza e electrónica.
A crise tamén está a provocar que os consumidores tomen maior conciencia do impacto que as súas compras teñen na saúde e o medio ambiente. Así, o 60% dos enquisados asegura estar dedicando máis tempo ao coidado persoal e ao seu benestar mental, e ao redor de seis de cada dez (57%) din que empezaron a facer máis exercicio na casa.
O 64% manifesta que está prestando atención á redución do desperdicio alimentario e que é probable que o siga facendo, e o 50% indica que está máis concienciado cos beneficios dos produtos saudables.
Wright, managing director and head of Accenture’s global Consumer Goods practice, explica que “en cuestión de semanas producíronse cambios que probablemente tardarían anos”, ao que engadiu que “agárdase que o novo comportamento dos consumidores dure máis tempo que a propia pandemia, prolongándose máis aló de 18 meses e posiblemente durante gran parte da década actual".
ACELERADO USO DA TECNOLOXÍA
A enquisa tamén revela que a pandemia propiciou que máis xente faga a súa compra de alimentos online. Un de cada cinco cidadáns afirma que a compra máis recente realizada por Internet foi de comida e que precisamente era a primeira vez que utilizaba esta canle. No caso das persoas máis maiores, a cifra é dun de cada tres.
O COVID-19 tamén está acelerando a adopción da tecnoloxía. O número de consumidores que expresaron estar interesados en comprar ou aumentar o uso da tecnoloxía incrementouse drásticamente. Máis da metade dos enquisados afirmaron que é probable que aumenten o uso de asistentes de voz, aplicacións de recomendación, aplicacións de autoservizo ou dispositivos domésticos intelixentes e wereables.
A xuízo de Wright, "é probable que con esta pandemia xurda unha era de consumo máis sostible e saudable nos próximos 10 anos, facendo que os cidadáns pensen máis en equilibrar como compran e como pasan o seu tempo libre, buscando unha relación máis sa co planeta".
Fonte: www.compromisorse.com
Imaxe: Pixabay