- O principal motivo obedece a que moitos cidadáns vanse de vacacións deixando as súas despensas e neverias cheas de comida que, posiblemente, ao seu regreso terán que tirar.
- O que máis se refuga son os alimentos que non foron utilizados e que acaban directamente no cubo do lixo, representando o 85,4% do total.
- Desde Too Good To Go, o movemento que loita contra o desperdicio de alimentos, aluden á calor a e ás vacacións como principais responsables do incremento do despilfarro de comida e propoñen unha serie de consellos de gran utilidade.
Cerceda, a 2 de agosto de 2019.- O desperdicio alimentario nos fogares increméntase substancialmente no verán. O principal motivo obedece a que moitos cidadáns vanse de vacacións deixando as súas despensas e neveiras cheas de comida que, posiblemente, ao seu regreso terán que tirar.
Segundo o último “Panel de cuantificación do desperdicio alimentario nos fogares” do MAPA, en 2018 os fogares españois desperdiciaron durante a primavera e verán ata un 10,7% máis de alimentos que no outono e inverno. En total, 667.792.886 quilos, o que supuxo uns 64,5 millóns de quilos máis de alimentos desperdiciados que os que se tiraron entre outono de 2017 e o inverno de 2018.
O que máis se desperdicia na época estival son os alimentos que non foron utilizados e que acaban directamente no cubo do lixo, representando o 85,4% do total. Mentres que o volume de desperdicio procedente de produtos elaborados ou cociñados representa o 14,5% do total.
Desde Too Good To Go, o movemento que loita contra o desperdicio de alimentos, aluden á calor a e ás vacacións como principais responsables do incremento do despilfarro de comida. Ao respecto, propoñen unha serie de consellos de gran utilidade.
- Organiza a despensa, colocando na parte de diante os artigos que están próximos á data de caducidade.
- Planifica a compra. Se hai unha viaxe a curto prazo, convén facer unha lista co que realmente se necesite.
- Deseña o menú da semana. Uns días antes de marchar de vacacións, convén revisar o que queda na cociña e deseñar o menú da semana con pratos que permitan consumir os produtos en stock.
- O frigorífico constitúe o mellor aliado ante as altas temperaturas. Recoméndase colocar toda a froita e verdura na zona máis templada, e a carne, peixe e os pratos preparados na máis fría. Deste xeito conservaranse mellor e durarán moito máis tempo.
- Co móbil e unha app como Too Good To Go, tes a oportunidade de aproveitar a comida de moitos comercios ou supermercados tales como as froitas e verduras, a bollería, o pan recén feito ou os pratos preparados, que é máis sensible á calor, e ademais a un prezo reducido.
- Coas sobras e un pouco de imaxinación, podes elaborar atractivos menús ou completar outros pratos.
España é o sétimo país da Unión Europea que máis comida tira; 7,7 millóns de toneladas de alimentos cada ano.
Fonte: Too Good To Go
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación