- Así o recorda AECOC, xa que, cando se desperdician alimentos, despilfárranse os recursos necesarios para a súa fabricación, é dicir, a auga e a enerxía que se requiren para cultivalos, transportalos e empaquetalos.
- Segundo datos da FAO, a pegada de carbono procedente do desperdicio de alimentos produce, a nivel mundial, ata 3.300 millóns de toneladas de gases de efecto invernadoiro (GEI).
- Tamén é notable a perda de auga doce, toda vez que a perda de comida equivale ao malgaste dunha bañeira grande chea de auga cada día.
- Máis de 470 compañías participan activamente no proxecto “A alimentación non ten desperdicio” promovido por AECOC, tendo logrado reducir ata un 0,75% a cantidade de produto desperdiciado, porcentaxe que, ao comezo do proxecto, situábase no 1,71%.
Cerceda, a 14 de xuño de 2019.- No marco da súa iniciativa “A alimentación non ten desperdicio”, e con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, AECOC, a Asociación de Fabricantes e Distribuidores, quixo poñer de relevo o impacto que o desperdicio alimentario ten sobre o medio ambiente, ademais das negativas consecuencias económicas, sociais e morais que trae consigo este fenómeno.
Porque cando se desperdician alimentos, despilfárranse os recursos necesarios para a súa fabricación, é dicir, a auga e a enerxía que se requiren para cultivalos, transportalos e empaquetalos.
Segundo datos da FAO, a pegada de carbono procedente do despilfarro de alimentos produce, a nivel mundial, ata 3.300 millóns de toneladas de gases de efecto invernadoiro (GEI).
Outro dos grandes impactos ambientais é a perda de auga doce, un recurso distinguido pola súa escaseza. Segundo varios investigadores, o malgaste de comida, sumado aos produtos que caducan e os que se estragan antes de consumilos, alcanzan os case 2.100 hectómetros cúbicos para toda España, o que equivale ao malgaste dunha bañeira grande chea de auga cada día.
A día de hoxe, máis de 470 compañías participan activamente no proxecto “A alimentación non ten desperdicio”, logrando reducir ata un 0,75% a cantidade de produto desperdiciado, porcentaxe que, ao comezo do proxecto, situábase no 1,71%.
O fogar, cun 42%, constitúe o ámbito que máis contribúe ao desperdicio alimentario, seguido pola fabricación e produción de alimentos, cun 39%, a hostalaría, cun 14%, e a distribución, cun 5%.
Nas vivendas familiares a comida desperdiciase por falta de orde na neveira e a despensa, impedindo a identificación dos produtos máis antigos, e o descoñecemento de como reaproveitar os alimentos. É por isto que AECOC insiste en planificar ben as compras facendo unha lista do necesario, previa revisión do que hai na casa, elaborar novos menús con sobras de comidas e manter a organización, imprescindible para unha correcta xestión da comida que nos permitirá aforrar diñeiro e contribuír á protección medioambiental.
SOBRE AECOC
Con máis de 30.000 empresas asociadas, AECOC é unha das maiores asociacións empresariais do país e a única que reúne a todos os axentes da cadea de valor, desde produtores e fabricantes, a operadores loxísticos e distribuidores.
Unha asociación multisectorial que abarca compañías de Gran Consumo, HORECA, Saúde, Ferretería e Bricolaxe e Electrónica de consumo, entre outros sectores, e que traballan en colaboración para aportar maior valor ao Consumidor.
Fonte: Retema
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación