- Así o advirte a FAO, que dá boa conta do impacto que este fenómeno ten sobre a contorna e o malgaste de recursos naturais tales como a terra, a auga e as emisións de CO2.
- Apunta que aínda unha alta porcentaxe de comida acaba depositada en vertedoiros e recorda que estes representan unha das maiores fontes de emisións de GEI do sector dos residuos.
- Así mesmo, asegura que a compostaxe doméstica constitúe unha alternativa eficiente a través da cal se podería converter en abono ata 150 quilos de residuos de alimentos por fogar ao ano.
Cerceda, a 18 de setembro de 2019.- Ademais do negativo impacto que o desperdicio alimentario representa a nivel económico, social e moral, a FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura), vén advertindo das consecuencias ambientais derivadas desta problemática.
O volume mundial de malgaste de alimentos calcúlase en 1.600 millóns de toneladas no "equivalente de produtos primarios", ascendendo a 1.300 millóns de toneladas o malgaste total dos alimentos para a parte comestible.
Pola súa banda, a pegada de carbono estímase en 3.300 millóns de toneladas de equivalente de CO2 de gases de efecto invernadoiro liberados á atmosfera por ano, mentres que o volume total de auga utilizada anualmente para producir os alimentos que se perden ou desperdician (250km3) equivale ao caudal anual do río Volga en Rusia, ou tres veces o volume do lago de Xenebra. Así mesmo, 1.400 millóns de hectáreas (o 28% da superficie agrícola do mundo) úsanse anualmente para producir alimentos que se perden.
Só unha baixa porcentaxe de comida desperdiciada é recuperada, mentres que unha gran parte termina depositada en vertedoiros, representando unha elevada parte dos residuos urbanos desviados aos mesmos. Neste sentido, recorda que os vertedoiros representan unha das maiores fontes de emisións de GEI do sector dos residuos.
Así as cousas, asegura que a compostaxe doméstica constitúe unha alternativa eficiente a través da cal se podería converter en abono ata 150 quilos de residuos de alimentos por fogar ao ano.
Mentres que os países en desenvolvemento sofren máis perdas de alimentos durante a etapa de produción agrícola, nos que contan con ingresos medios e altos, o desperdicio concéntrase máis nas fases de comercialización e consumo.
E todo isto ten un prezo: o malgaste de alimentos (excluíndo o peixe e o marisco) alcanza unhas perdas económicas de 750 millóns de dólares EEUU anuais.
Fonte: FAO
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación