- Con motivo do 50 aniversario desta conmemoración, concibíase como unha ocasión histórica para poñer de relevo a necesidade de acelerar a acción climática para protexer o medio ambiente e a saúde.
- Non obstante, o empeño de dar visibilidade a esta xornada estará presente igualmente de forma dixital con pequenas e grandes accións en favor das persoas e o planeta.
Cerceda, a 22 de abril de 2020.- Hoxe conmemórase, nunha crise sanitaria sen precedentes, o Día da Terra, recordando, unha vez máis, a necesidade de acelerar a acción climática para protexer o medio ambiente e a saúde.
O primeiro Día da Terra tivo lugar en 1970 e, con motivo do seu 50 aniversario, a súa celebración estaba preparada para ser este ano unha ocasión histórica. Non obstante, o empeño de dar visibilidade a esta xornada estará presente igualmente de forma digital con pequenas e grandes accións en favor das persoas e o planeta.
Mentres se planifica a recuperación posterior á pandemia, PNUMA e outras axencias do sistema das Nacións Unidas ven nesta data unha oportunidade para chamar a atención sobre a necesidade de "reconstruír mellor".
Con motivo do seu 50 aniversario, e coa acción climática como tema princiapl, o Día da Terra 2020 estaba preparado para ser unha ocasión histórica. Orixinalmente, tíñanse organizado unha serie de eventos que reunirían a persoas en todo o mundo, pero a pandemia de COVID-19 impulsou un cambio cara a plataformas virtuais.
MEDIO SÉCULO DE HISTORIA
Fai medio século que 20 millóns de persoas saíron ás rúas para protestar polo que eles consideraban unha crise ambiental. Foi o evento cívico máis grande do planeta nese momento e obrigou aos gobernos a tomar medidas concretas, incluída a aprobación de leis ambientais e o establecemento de axencias dedicadas ao medio ambiente. En 2009, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou unha resolución que recoñece formalmente o 22 de abril como o Día Internacional da Nai Terra.
Así mesmo, fai catro anos formalizouse o Acordo de París (22 de abril de 2016), articulando mediante o mesmo o compromiso dos países de limitar o aumento da temperatura global a menos de 2˚C por riba dos niveis preindustriais e de fortalecer as capacidades para mitigar os impactos negativos do cambio climático.
Fonte: ONU Medio Ambiente
Imaxe: Pixabay