- Celebrarase os días 13 e 14 de xuño no Parador da localidade pontevedresa de Baiona, erixíndose en cita ineludible e punto de encontro para o sector da reciclaxe, tanto a nivel nacional como internacional.
- Así o expuxo no programa Ecovoz o presidente da Federación Española da Recuperación e a Reciclaxe, Ion Olaeta.
- Dado que o plástico, material que integrou a maior parte dos bens de consumo do pasado século, estaba elaborado con compoñentes que hoxe fan moi complexo o seu reciclado, o deseño ecolóxico do mesmo constitúe unha necesidade para garantir a súa correcta xestión unha vez convertido en residuo.
- O evento servirá tamén de escenario para entregar os Premios “Nai Terra” e “Toda unha vida dedicada á recuperación”.
Cerceda, a 30 de maio de 2019.- Alcanzar maiores cotas de reciclaxe constitúe unha obriga legal e moral que incumbe a todos. Os esixentes obxectivos europeos na materia apreman e o conxunto da sociedade debe contribuír aos mesmos. E a FER está aí para axudar.
A Federación Española da Recuperación e a Reciclaxe, tal e como explicou o seu presidente, Ion Olaeta, no programa radiofónico Ecovoz, é unha asociación que agrupa e defende os intereses das diferentes empresas que se dedican á reciclaxe a nivel nacional, abarcando na actualidade a preto de 500 empresas. Aglutina, polo tanto, ao 90% do volume do sector da recuperación en España e ao 80% dos tratadores de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, así como ao 100% da industria fragmentadora, levando a cabo un labor de asesoramento, especialmente na normativa ambiental e fiscal, formación dos empregados, concienciación e divulgación, etc.
Estamos a falar de 30.000 empregos directos e preto de 105.000 indirectos, formando parte tamén a organización de diferentes entidades vinculadas á protección ambiental e á mellor xestión dos recursos.
CONGRESO FER: CITA INELUDIBLE PARA O SECTOR
Un dos eventos que distingue á FER é precisamente o seu congreso, que leva a cabo desde o 2002, e que precisamente este ano celébrase en Galicia, concretamente no Parador da localidade pontevedresa de Baiona os días 13 e 14 de xuño. Non obstante, non é a primeira vez que este encontro se leva a cabo nesta comunidade. En 2005 recalou na Coruña cunha excelente acollida.
O congreso da FER constitúe, por riba de todo, en punto de encontro e cita ineludible para o sector da reciclaxe, tanto a nivel nacional como internacional, onde os asistentes terán a oportunidade de intercambiar coñecementos, experiencias, novidades e impresións. No mesmo abórdanse os principais desafíos aos que se enfrontan as empresas recicladoras, adquirindo nesta ocasión especial relevancia o plástico.
Ion Olaeta explicouno cunha claridade meridiana: o plástico foi o material por autonomasia durante o pasado século, utilizándose de forma masiva nos bens de consumo. Pero o plástico dura moito tempo e ao ter sido fabricado no seu momento con materiais difíciles de reciclar, hoxe tornouse nun problema, de aí que o congreso do próximo mes de xuño incida especialmente no ecodeseño como fórmula ineludible para garantir o seu correcto reciclado.
O evento servirá tamén de escenario para entregar os Premios “Nai Terra” e “Toda unha vida dedicada á recuperación”.
Ademais de presidente da FER, Ion Olaeta é tamén vicepresidente da recentemente creada División Europea de Reciclaxe de Plásticos (ERPB).
Saúdos, Departamento de Comunicación