- Nacións Unidas clama por levar á práctica accións máis contundentes, toda vez que as mulleres rurais teñen un papel decisivo na loita contra a fame, así como na creación de sistemas alimentarios máis eficientes e produtivos.
Cerceda, a 9 de marzo de 2020.- No marco da conmemoración do Día Internacional da Muller, os tres organismos das Nacións Unidas (FAO –Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura-, FIDA –Fondo Internacional de Desenvolvemento Agrícola-, e PMA –Programa Mundial de Alimentos-), clamaron por levar á práctica accións máis contundentes para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres no sector agrícola a fin de garantir sistemas alimentarios sostibles.
Baixo o lema “Son da Xeración Igualdade: polos dereitos das mulleres”, esta efeméride representou unha oportunidade para examinar os progresos mundiais en materia de igualdade de xénero nos 25 anos transcorridos desde a Cuarta Conferencia Mundial sobre a Muller, identificar as diferenzas que aínda perduran e definir o camiño a seguir.
As mulleres, especialmente en determinadas zonas rurais do mundo, teñen un papel decisivo na loita contra o fame e a malnutrición, así como na creación de sistemas alimentarios máis produtivos. Cultivan alimentos, reducen as perdas alimentarias, fan que as dietas sexan máis diversas e que os produtos agrícolas se comercialicen mellor ao longo das cadeas de valor agroalimentarias.
A FAO, o FIDA e o PMA saben por experiencia que cando se permite ás mulleres rurais ter un mellor acceso aos recursos, aos servizos, ás oportunidades económicas e á toma de decisións, os resultados son patentes: as comunidades dispoñen de máis alimentos, o seu estado de nutrición mellora, os ingresos rurais aumentan e os sistemas alimentarios fanse máis eficientes.
ALGÚNS DATOS
• As mulleres representan case o 50% da man de obra na agricultura nos países de baixos ingresos.
• Máis de 820 millóns de persoas non teñen alimentos suficientes para comer, e en todos os continentes as mulleres teñen máis probabilidades que os homes de verse afectadas por unha inseguridade alimentaria moderada ou grave.
• As mulleres das zonas rurais enfróntanse a maiores riscos e dificultades debido aos efectos do cambio climático.
Fonte: FAO
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación