- Esta empresa pública logrou incrementar substancialmente o uso do tren, subindo do 25% en 2016 ao 55% a día de hoxe.
- A entidade aposta desta forma por un medio máis seguro, máis respectuoso co medio ambiente, máis eficiente, con menor siniestralidade, maior sincronización horaria e, por suposto, con menores molestias cidadás.
- Así o destaca a compañía con motivo do Día Mundial pola Redución das Emisións de CO2.
Cerceda, a 28 de xaneiro de 2021.- Con motivo do Día Mundial pola Redución das Emisións de CO2, Sogama quere poñer en valor a súa firme aposta pola sostibilidade ao ter promovido o ferrocarril como medio preferente para o transporte de residuos no seu modelo de xestión, ao que están adscritos 295 concellos que aglutinan a máis de 2.242.000 habitantes.
Se ben no ano 2016 tan só o 25% dos residuos xestionados no Complexo industrial de Cerceda trasladábanse por tren, a día de hoxe esta porcentaxe subiu ata o 55%, impulsando desta forma un medio máis seguro, máis respectuoso co medio ambiente, máis eficiente, con menos emisións de CO2, con menor siniestralidade, maior sincronización horaria e, por suposto, con menores molestias cidadás.
A forma de transporte desempeñará un papel crucial no marco do Pacto Verde Europeo, cuxo obxectivo é alcanzar a neutralidade climática de aquí a 2050. Neste sentido, cabe recordar que o transporte é responsable dunha cuarta parte das emisións de gases de efecto invernadoiro da UE.
Así mesmo, a Comisión Europea propuxo que 2021 sexa o Ano Europeo do Ferrocarril, prevendo levar a cabo distintas accións a través das cales se poña de relevo os beneficios do tren para as persoas, a economía e o clima, coa particularidade de que é o único modo de transporte que reduciu case continuamente as súas emisións de CO2desde 1990, á vez que aumentou os seus volumes de transporte.
Saúdos, Departamento de Comunicación