- O informe explora unha serie de ideas para guiar aos responsables políticos e aos profesionais da industria
Cerceda, a 8 de setembro de 2023.- Un novo informe elaborado polo Imperial College de Londres ofrece unha serie de recomendacións para que os gobernos e os responsables da formulación de políticas impulsen con éxito os plans de economía circular.
O Dr. Rupert Myers, do Departamento de Enxeñería Civil e Ambiental, e coautor do documento, explicou que “os científicos de todo o mundo posúen unha gran cantidade de coñecementos e habilidades sobre como podemos xestionar os recursos de maneira máis sostible e reducir os impactos ambientais dos produtos ao longo dos seus ciclos de vida. Este informe mostra a necesidade de que o goberno e a industria colaboren cos científicos do Reino Unido e de todo o mundo”.
No marco dunha cooperación internacional de investigadores de universidades como o University College London, a Universidade de Yale e o Imperial College London, esta guía explora como os ecólogos industriais poden impulsar o éxito ao comprender os materiais, a infraestrutura e a ecoloxía por igual.
Ideas que serven de guía
O informe explora dez ideas para guiar aos responsables políticos e aos profesionais da industria. Algúns exemplos:
- Unha perspectiva do ciclo de vida: un enfoque que considera todos os impactos, desde a extracción de materias primas ata os residuos ao final da súa vida útil para que sexan minimizados.
- Intervención temperá para previr o desperdicio: isto é posible se planificamos e deseñamos sistemas que sexan eficientes e con maior lonxevidade.
- Os impactos varían entre contornas: é por iso que as economías circulares deben adaptarse.
- O uso de materiais depende da infraestrutura: as redes de enerxía e transporte requiren enormes cantidades de material para construírse e manterse.
- A tecnoloxía non é a única solución: pode ser un motor de cambios positivos, pero unha economía circular tamén necesita cambios no comportamento, nos modelos de negocio e nas políticas gobernamentais.
Fonte: Retema
Imaxe: Pexels