- No mesmo destácanse os impactos crecentes e irreversibles do cambio climático, que afecta aos glaciares, os océanos, a natureza, as economías e as condicións de vida das persoas.
- O traballo documenta tamén como a pandemia impediu a monitorización destes cambios a través do sistema de observación global, afectando á calidade dos pronósticos e outros servizos meteorolóxicos, climáticos e oceánicos.
- Os expertos indican que aínda é posible pechar a brecha de emisións, pero isto requirirá unha acción urxente e concertada de todos os países e en todos os sectores.
Cerceda, a 22 de setembro de 2020.- Tras unha diminución temporal das emisións como consecuencia do bloqueo e desaceleración económica derivada do COVID-19, a sconcentracións de gases de efecto invernadoiro na atmosfera continúan aumentando. Agárdase que o mundo experimente os seus cinco anos máis cálidos rexistrados, non estando no camiño de cumprir os obxectivos acordados para manter o aumento da temperatura global moi por baixo de 2°C ou en 1,5°C por riba dos niveis preindustriais.
Así se recolle nun novo informe de múltiples axencias de organizacións científicas líderes, Unidos na Ciencia 2020 , onde se destaca os impactos crecentes e irreversibles do cambio climático, que afecta aos glaciares, os océanos, a natureza, as economías e as condicións de vida das persoas, percibíndose tamén a través dos perigos relacionados coa seca ou as inundacións.
Así mesmo, o traballo documenta como o COVID-19 impediu a monitorización destes cambios a través do sistema de observación global, afectando á calidade dos pronósticos e outros servizos meteorolóxicos, climáticos e oceánicos.
O informe Unidos na Ciencia 2020, o segundo dunha serie, está coordinado pola Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), con aportes do Global Carbon Project, o Panel Intergubernamental sobre o Cambio Climático, a Comisión Oceanográfica Intergubernamental da UNESCO, o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente. e a Met Office do Reino Unido.
URXE PECHAR A BRECHA DE EMISIÓNS
A acción de transformación xa non pode pospoñerse se se queren cumprir os obxectivos do Acordo de París. Os expertos indican que aínda é posible pechar a brecha de emisións, pero isto requirirá unha acción urxente e concertada de todos os países e en todos os sectores.
O cambio climático inducido polo home está afectando aos sistemas de sustento da vida, desde a cima das montañas ata as profundidades dos océanos, o que leva a un aumento acelerado do nivel do mar, con efectos en cascada para os ecosistemas e a seguridade humana.
As capas de xeo e os glaciares de todo o mundo perderon masa. Entre 1979 e 2018, a estensión do xeo mariño do Ártico diminuíu durante todos os meses do ano. O océano global quentouse sen cesar desde 1970 e absorbeu máis do 90% do exceso de calor no sistema climático. As ondas de calor mariñas duplicáronse en frecuencia e volvéronse máis duradeiras, intensas e estensas, o que da lugar a eventos de blanqueamento de coral a gran escala. O océano absorbeu entre o 20% e o 30% do total de emisións antropogénicas de CO2 desde a década de 1980, o que provocou a súa maior acidificación.
Estímase que o cambio climático aumentará o número de rexións con estrés hídrico e agravará a escaseza en rexións que xa o padecen.
Fonte: ONU Medio Ambiente
Imaxe: Pixabay