- Foi galardoado coa Mención de Excelencia 2020-2025 da Xunta de Galicia, que se suma tamén a outro gran recoñecemento: o liderado no “Ránking 250 Máster” que elabora anualmente o diario E Mundo.
- Así o expuxo o seu coordinador, Francisco Omil Prieto, Cstedrático no Departamento de Enxeñería Química e cunha dilatada traxectoria docente e investigadora.
- Cun carácter multidisciplinar, o obxectivo desta titulación é a formación de profesionais competentes cunha misión específica: previr os danos ambientais, protexer a contorna e mellorar a calidade ambiental.
- O Máster formalizou un cento de convenios con empresas, centros de investigación e administracións, sendo o programa de prácticas externas unha das prestacións máis relevantes.
Cerceda, a 4 de xaneiro de 2021.- Francisco Omil Prieto, Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela (USC) no Departamento de Enxeñería Química e cunha dilatada traxectoria docente e investigadora no ámbito medioambiental, é tamén coordinador do Máster Oficial en Enxeñería Ambiental desde o ano 2008. O gran traballo desenvolvido por él e por membros do seu equipo, tivo a súa recompensa ao ser galardoado este Máster coa Mención de Excelencia 2020-2025 da Xunta de Galicia, que se suma tamén a outro gran recoñecemento: o liderado no “Ránking 250 Máster” que elabora anualmente o diario El Mundo.
Así o explicou Omil Prieto nunha entrevista recollida no pasado número de decembro da revista corporativa de Sogama http://www.sogama.gal/sites/default/files/newsletter/2020/12/Newsletter4...
Esta titulación, que se imparte na Escola Técnica Superior de Enxeñería, situada no Campus Vida, en Santiago de Compostela, arrincou como tal en 2006, se beb ten a súa orixe en cursos previos que comezaron a impartirse no ano 2000.
Cun carácter multidisciplinar, dirixida tanto a graduados en Enxeñería como en Ciencias, o seu obxectivo é a formación de profesionais competentes cunha misión específica: previr os danos ambientais, protexer a contorna e mellorar a calidade ambiental fronte a problemas tales como o consumo insostible dos recursos, a produción de residuos e a contaminación de augas, aire e solos.
DOCENTES DE PRIMEIRO NIVEL E COLABORACIÓN INSTITUCIONAL E EMPRESARIAL
O Máster formalizou un cento de convenios con empresas, centros de investigación e administracións, sendo o programa de prácticas externas unha das prestaciones máis relevantes, toda vez que se dá aos alumnos a posibilidade de achegarse ao mundo laboral.
Os acordos con distintas entidades inclúen tamén visitas a industrias, a colaboración en traballos de Fin de Máster, a participación, en calidade de relatores, de representantes das empresas colaboradoras e, por suposto, os convenios de patrocinio.
Ao longo destes últimos 15 anos, tal e como expuxo Francisco Omil, apostouse por unha mellora permanente no proceso formativo. Por exemplo, foi a primeira titulación que incluíu as prácticas externas en empresas con carácter obrigatorio; foi pionera na adopción de materias en inglés; aprobou unha norma que garante que todo o profesorado adscrito ao Máster debe acreditar unha certa experiencia previa (tamén na investigación); e estableceu un mecanismo de garantía de calidade baseado nas enquisas de satisfacción do alumnado, de tal xeito que un baixo resultado continuado levase aparellada a revisión da docencia impartida e ata a posible perda da condición de profesor/a na titulación. O resultado destas e outras iniciativas foi o de ir reunindo un corpo de docentes excepcional que proceden de ámbitos multidisciplinares.
EN MELLORA CONTINUA
A Mención de Excelencia supuxo, tal e como expresou Omil, un momento axeitado para pensar e plasmar nun documento todas aquelas accións que enriquecerían o actual título na próxima década, sendo algunhas das máis representativas a reformulación do actual plan de estudos a través dunha análise crítica; o impulso ás relacións externas, formalizando unha rede de egresados, así como un comité externo de empresas co que manter un diálogo fluído para implicalas máis na titulación; promoción de feiras de empresas en tecnoloxías ambientais que sirva como punto de encontro de estudantes, egresados, empresas, administracións, profesores e investigadores; establecemento de contactos con universidades de referencia no norte de Europa e en América Latina; e solicitude dun selo de calidade en ingeniería: EurACE.
A través destas e outras accións preténdese dar un salto cualitativo á titulación que lle permita mellorar a súa calidade e a súa capacidade de seguir atraendo estudantes de excelencia, tanto nacionais como estranxeiros.
Saúdos, Departamento de Comunicación