- Esta consultora, especializada nos campos da tecnoloxía ambiental e enerxética, estima que máis de 3.100 plantas, cunha capacidade superior aos 700 millóns de toneladas, estarán en funcionamento en todo o mundo en 2033
Cerceda, a 22 de xaneiro de 2025.- Ecoprog, consultora especializada nos campos da tecnoloxía ambiental e enerxética, publicou a 17ª edición do seu estudo anual sobre o mercado mundial de plantas e operadores para a valorización enerxética de residuos.
No mesmo anuncia que o mercado mundial de Waste to Energy (valorización enerxética) caracterízase actualmente por diferentes desenvolvementos, aumentando en moitos países asiáticos e estabilizándose nos europeos, onde o mantemento e modernización das instalacións son os impulsores máis importantes.
A principios de 2024, máis de 2.800 plantas de valorización enerxética, cunha capacidade total de ao redor de 576 millóns de toneladas anuais de residuos, estaban operativas en todo o mundo. A previsión é que, en 2033, estean en funcionamento máis de 3.100 plantas, cunha capacidade superior a 700 millóns de toneladas.
En mercados asiáticos como Tailandia, Indonesia, India e Malasia, a demanda de tecnoloxía WtE está a aumentar (9 proxectos adicionais foron identificados na India en 2024), do mesmo xeito que o está facendo en países economicamente máis fortes de Oriente Medio (xa hai 5 proxectos coñecidos só en Arabia Saudita e Qatar).
O mercado europeo, segundo a análise realizada, preséntase estable. En mercados tradicionais como Francia, Alemaña e os países escandinavos, os proxectos de mantemento e modernización son os impulsores máis importantes. Con todo, están a poñerse en funcionamento novas plantas en países como Polonia e a República Checa. Só nestes dous, foron aprobados 10 proxectos.
Fonte: ecoprog
Imagen: Pixabay