- Trátase dunha campaña coa que esta entidade pretende recoñecer aos nove municipios costeiros máis comprometidos coa protección do litoral e a loita contra o cambio climático a través da reciclaxe de envases de vidro.
- 136 concellos e 15.000 establecementos confirmaron que competirán para lograr este distintivo.
- Ecovidrio reforzará medios e colaboracións para propiciar unha maior participación no sistema por parte da hostalaría e dos cidadáns, toda vez que nos meses de verán recíclase unha terceira parte de todos os envases de vidro recuperados anualmente.
Cerceda, a 26 de xuño de 2019.- Ecovidrio lanzou a campaña estival Movemento Bandeiras Verdes, pretendendo coa mesma recoñecer aos nove municipios costeiros máis comprometidos coa protección do litoral e a loita contra o cambio climático a través da reciclaxe de envases de vidro. Ata o de agora, 136 concellos e 15.000 establecementos confirmaron que competirán para lograr este distintivo.
E é que o verán, cunha maior incidencia do turismo e o aumento do consumo, constitúe unha etapa clave, xa que se recicla unha terceira parte de todos os envases de vidro recuperados anualmente, coa particularidade de que bares, restaurantes e chiringuitos xeran o 52% dos residuos de envases de vidro, constituíndo un sector clave en termos de sostibilidade.
Ecovidrio reforzará medios e colaboracións para propiciar unha maior participación no sistema por parte da hostalaría e dos cidadáns. A entidade prevé realizar ata 45.972 visitas de formación e información a establecementos, entregará ata 5.100 cubos especiais de reciclaxe e instalará 676 novos contedores vinilados con motivos estivais, aumentando ao mesmo tempo as frecuencias de recollida.
Aínda que todos os municipios que melloren as súas taxas de reciclado de vidro serán recoñecidos, só os nove máis comprometidos recibirán a bandeira verde. Para isto teranse en conta criterios tales como as toneladas de envases de vidro recollidas, o número de hosteleiros participantes por municipio ou a colaboración do concello en campañas de comunicación e concienciación.
Cos envases que se reciclaron na pasada campaña de verán aforrouse a extracción de máis de 47.000 toneladas de materias primas, case 60.000 MWh de enerxía e evitouse a emisión de máis de 22.000 toneladas de CO2 á atmosfera, o equivalente ás emisións dun coche durante 24 viaxes Madrid-Pekín ou 6 viaxes en avión dando a volta ao mundo polo ecuador.
O actor Ricardo Gómez será o encargado de dar o pistoletazo de saída á campaña e facer un chamamento conxunto, e o chef Quique Dacosta impartirá unha clase maxistral aos establecementos máis comprometidos coa reciclaxe de envases de vidro.
Fonte e imaxe: Ecovidrio
Saúdos, Departamento de Comunicación