- Enmarcouse no concurso “Recíclate con Sogama” 2018-2019, a través do cal se invitaba aos centros participantes neste programa a que participasen cunha obra de arte elaborada con materiais de refugallo.
- Un magnífico cadro reciclado no que se evidencia a gran forza que ten a unión e o traballo en equipo para cambiar as cousas e facer posible un planeta mellor.
Cerceda, a 8 de julio de 2019.- Baixo a coordinación de María Andrea Rodríguez Sánchez, e coa colaboración de once docentes, o colexio La Salle de Santiago de Compostela achegou no seu momento esta espectacular obra de arte ao concurso “Recíclate con Sogama” 2018-2019, evidenciando o gran potencial que ten traballar en equipo para cambiar as cousas.
No cadro pódense visualizar as mans de diferentes cores en torno ao mundo, asinado por La Salle. A mensaxe para transmitir pódese ler a través da propia obra e é que, se todos achegamos o noso gran de area, poderemos cambiar as cousas. Non podemos esperar a que os demais logren cambialas se nós non facemos nada. De actuar así, estaremos a contribuír ao abandono do planeta, que tan necesitado está de persoas comprometidas.
Entre os residuos utilizados no traballo figuran centos de tapóns de cores de botellas de plástico usadas, papeis azuis e verdes de revistas fóra de uso, limpiapipas reutilizados dunha manualidade efectuada en Infantil e pequenos anacos de papel de seda azuis e amarelos procedentes dunha actividade anterior levada acabo na clase de Arts & Crafts. Mans unidas, fortes e sólidas para loitar contra un inimigo común: o cambio climático e acontaminación.
Saúdos, Departamento de Comunicación