- A plataforma que agrupa á cadea de valor dos envases de cartón para bebidas, manifesta ter un firme compromiso coa economía circular, asegurando que “os briks son parte da solución pola súa baixa pegada de carbono, alta reciclabilidade, trazabilidade e ecodeseño».
- Na súa Folla de Roteiro 2030, ACE comprometeuse a que os envases de cartón comercializados sexan completamente reciclables e que, ademais, estean fabricados integramente a partir de materiais renovables ou reciclables.
Cerceda, a 22 de xullo de 2021.- ACE, a plataforma que agrupa á cadea de valor dos envases de cartón para bebidas, manifesta ter un firme compromiso coa economía circular e a redución de plástico nos envases, asegurando que “os briks son parte da solución, tanto pola súa baixa pegada de carbono como pola súa alta reciclabilidade, trazabilidade e ecodeseño». Esther Colino, directora de ACE en España indica que “o noso obxectivo é que en 2030 sexamos o envase con menor pegada ambiental do mercado”.
A entidade defende as vantaxes que os envases tipo “brik” achegan na cadea alimentaria, xa que protexen as bebidas e os produtos alimenticios da degradación ocasionada pola luz, o aire e os contaminantes e sen necesidade de conservantes, contribuíndo desta forma a reducir o desperdicio alimentario.
Presentes nos fogares españois desde hai máis de 50 anos, os briks están compostos maioritariamente de cartón, aínda que tamén inclúen plástico e aluminio para a conservación dos alimentos.
ACE afirma que as fibras que conteñen son de orixe vexetal e provenientes de bosques certificados e xestionados de maneira sostible e, precisamente a calidade das fibras converte ao cartón destes envases nunha materia prima moi demandada dada a súa capacidade para transformarse en papel reciclado de alta calidade.
Esther Colino reivindica «a importancia de avaliar os envases tendo en conta todo o seu ciclo de vida e o uso de materias primas, xa que non debemos esquecer que, na actualidade, a produción de materiais xa representa case unha cuarta parte das emisións globais da enerxía e a industria». Subliña que «para fabricar os nosos envases recorremos maioritariamente ao uso de material de orixe renovable proveniente de fontes xestionadas de maneira sostible, que xunto co seu alto grao de reciclabilidade supoñen xa un avance importante para reducir as emisións de carbono a nivel global e a dependencia dos recursos de orixe fósil».
Na súa Folla de Roteiro 2030, ACE comprometeuse a que os envases de cartón comercializados sexan completamente reciclables e que, ademais, estean fabricados integramente a partir de materiais renovables ou reciclables.
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Ecoembes