- O Parlamento Europeo pon de relevo que o orzamento do ano que vén é "a última oportunidade para que a Unión Europea se achegue ao cumprimento dos compromisos políticos establecidos para ese período, incluídos os obxectivos climáticos”.
- Os eurodiputados reforzaron o proxecto orzamentario da Comisión engadindo máis de 2.000 millóns de euros para preservar a contorna.
- A Cámara formula un orzamento con case 171.000 millóns de euros en créditos de compromiso o que representa un aumento en torno a 2.700 millóns de euros respecto ao proxecto da Comisión.
Cerceda, a 25 de outubro de 2019.- No seu proxecto de resolución, o Parlamento Europeo pon de relevo que o orzamento do ano que vén é "a última oportunidade para que a Unión Europea se achegue ao cumprimento dos compromisos políticos establecidos para ese período, incluídos os obxectivos climáticos”. Debe ademais allanar o camiño para o novo orzamento da UE a longo prazo (2021-2027), o chamado marco financeiro plurianual.
O pleno fixou o pasado mércores a súa posición sobre o orzamento comunitario para 2020, que debe proporcionar unha “base sólida para poñer en marcha a nova xeración de programas da UE".
Os eurodiputados reforzaron o proxecto orzamentario da Comisión engadindo máis de 2.000 millóns de euros para preservar a contorna. Entre outros programas, aposta por incrementar a dotación para a Iniciativa para o Emprego dos Mozos (YEI) e o programa Erasmus+. Tamén quere novas axudas en liña coas prioridades do Parlamento en ámbitos tales como as PEME, a investigación, a dixitalización, a migración e a política exterior, con énfase na axuda ao desenvolvemento e a axuda humanitaria.
A Cámara formula un orzamento con case 171.000 millóns de euros en créditos de compromiso (o que a UE se compromete a investir en 2020 ou en anos posteriores, xa que os proxectos e programas desenvólvense ao longo de varios anos), o que representa un aumento en torno a 2.700 millóns de euros respecto do proxecto da Comisión. Os créditos de pago (o diñeiro que se desembolsará en 2020), en 159.000 millóns de euros.
Trala votación no pleno, comezarán tres semanas de conversacións de "conciliación" co Consello, co obxectivo de alcanzar un acordo entre as dúas institucións a tempo para que o orzamento do próximo ano sexa votado polo Parlamento e asinado polo seu presidente durante a sesión plenaria de novembro. Se non se chega a un acordo, a Comisión debe presentar un novo proxecto de orzamento.
Fonte: Parlamento Europeo
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación