- O director xeral de ASPAPEL, Carlos Reinoso, manifestou en Radio Voz que o papel experimentou unha transformación paralela ao que sufriron os seus procesos industriais, vivindo nas súas fábricas unha auténtica revolución que lles permitiu alcanzar altos estándares de calidade e medio ambiente.
- Moitas fábricas papeleiras españolas posiciónanse no primeiro estándar do comportamento de sustentabilidade do mundo.
- Por mor da pandemia, a industria papeleira, que presta un servizo esencial, tivo que facer un gran esforzo para seguir atendendo os mercados, non cesando a súa actividade nin un só día para evitar situacións de desabastecemento.
Cerceda, a 29 de marzo de 2021.- En declaracións a Radio Voz Galicia, no marco do programa ambiental “Ecovoz”, o director xeral de ASPAPEL, Carlos Reinoso, fixo un repaso da situación do papel e cartón a día de hoxe, a evolución do sector ao longo dos últimos anos, e o gran esforzo realizado en 2020, tras o impacto da Covid-19, para manter un servizo considerado esencial.
Manifestou ao respecto que o papel sufriu unha transformación paralela á dos seus procesos industriais, vivindo nas súas fábricas unha auténtica revolución que lles permitiu alcanzar altos estándares de calidade e medio ambiente.
Cada vez máis, o papel está a ser visualizado polo consumidor como a alternativa sostible en moitas aplicacións. Isto é unha realidade e o resultado dun gran esforzo por parte das empresas, coa particularidade de que as melloras tecnolóxicas e ambientais teñen que estar amparadas por investimentos multimillonarios. “Moitas fábricas papeleiras españolas sitúanse no primeiro estándar do comportamento de sustentabilidade do mundo”, subliñou.
Reinoso cualificou 2020 como un ano extraordinario pola súa peculiaridade. “Tivemos que compatibilizar a crise derivada da pandemia coa atención aos mercados, xa que moitos produtos da industria papeleira son esenciais”. Como exemplo aludiu a que, se esta industria parase, os medicamentos non chegarían ás farmacias nin os alimentos aos supermercados. Tampouco a prensa impresa aos seus puntos de destino nin, por suposto, o papel hixiénico e sanitario, que foi a paradigma das grandes provisións. Isto evidenciou que a industria papeleira fixo un gran esforzo para evitar situacións de desabastecemento.
O pasado ano a produción desta industria baixou un 2,7%, unha porcentaxe case testemuñal tendo en conta a crise que sacudiu con toda a súa crueza a outros ámbitos de actividade. A pesar disto, hai sectores que creceron, como é o caso dos envases e embalaxes, especialmente de cartón ondulado, cun incremento próximo ao 5%, así como os hixiénicos e sanitarios, cun aumento do 2,4%. Estes datos enmascaran en certa medida o descenso na produción e o consumo de papel ligado á comunicación, á impresión e á escritura que, nalgúns casos, sufriu unha caída de ata o 30%.
O director xeral de ASPAPEL abundou no feito de que a pandemia evidenciou a importancia das cadeas de valor industriais completas, toda vez que achegan seguridade estratéxica e músculo para a recuperación económica. Non en van, a industria papeleira aglutina a máis de 180.000 traballadores, cunha facturación de 23.000 millóns de euros.
SOBRE ASPAPEL
A Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón (ASPAPEL), engloba á práctica totalidade da industria que fabrica, ben sexa celulosa, papel en todas as súas variedades ou cartón, sendo o seu obxectivo contribuír ao desenvolvemento competitivo e sostible desta industria.
Esta organización tratar de dar resposta aos principais retos do sector en canto a políticas industriais ou cuestións concretas ligadas ás materias primas, xestión forestal sostible, reciclaxe e enerxía, pero tamén a outras ligadas ao capital humano, a prevención de riscos, a formación dos equipos humanos, a loxística e o transporte.
Saúdos, Departamento de Comunicación