- Ten previsto voar a gran velocidade desde a cima do Mont Blanc para captar evidencias sobre a pegada turística na rexión e a preocupante diminución dos glaciares nos Alpes europeos.
- Case un terzo da poboación mundial depende da subministración de auga dos glaciares e máis de 2.000 millóns de persoas veranse afectadas coa eventual desaparición destas reservas nalgunhas das cadeas montañosas máis altas do planeta.
Cerceda, a 31 de xullo de 2019.- Malcolm Wood, parapentista, empresario e cineasta ambiental é o novo Heroe de Montaña de ONU Medio Ambiente.
Orixinario de Hong Kong, súmase ás fazañas doutros famosos atletas que están contribuíndo a chamar a atención sobre os desafíos ambientais que suscita o cambio climático, a xestión dos residuos e a perda de biodiversidade.
Habituado a organizar expedicións a algúns dos cumes máis altos de todo o mundo, desde onde intenta descensos extremos en parapente, ten previsto voar a gran velocidade desde a cima do Mont Blanc para captar evidencias sobre a pegada turística na rexión e a preocupante diminución dos glaciares nos Alpes europeos. De feito, o derretimento do xeo é unha das cuestións que máis lle preocupa. E para mostra o Mer de Glace, un dos glaciares máis emblemáticos dos Alpes, que está retrocedendo a un ritmo máis rápido que fai 5 ou 10 anos.
Case un terzo da poboación mundial depende da subministración de auga dos glaciares e máis de 2.000 millóns de persoas veranse afectadas a nivel global coa eventual desaparición destas reservas nalgunhas das cadeas montañosas máis altas do planeta.
Como cineasta ambiental, recientemente Wood e o seu equipo propuxéronse usar parapentes e ás de velocidade para gravar imaxes nunca vistas con anterioridade e aumentar probas e evidencias da crise climática. O obxectivo último é concienciar sobre os cambios que se están a producir e inspirar as accións necesarias para evitar que o clima se siga deteriorando.
O seu máis recente proxecto, chamado "Os últimos glaciares", ten como obxectivo describir visualmente os cambios radicais que están tendo lugar no noso planeta.
Fonte e imaxe: ONU Medio Ambiente
Saúdos, Departamento de Comunicación