- O fin último é que a UE poida avanzar cara á neutralidade nas súas emisións en 2050, tal e como establece o Pacto Verde, e evitar o “ecoblanqueo” (cando se clasifica como ecolóxico ou sostible algo que non o é).
Cerceda, a 18 de xuño de 2020.- O Parlamento Europeo respaldou as novas normas para determinar se unha actividade económica é medioambientalmente sostible. A proposta lexislativa sobre investimentos sostibles establece seis obxectivos medioambientais e permite que unha actividade económica sexa considerada como tal se contribúe alomenos a un deles sen prexudicar de xeito significativo a ningún dos outros.
Entre os retosfiguran a mitigación e adaptación ao cambio climático; o uso sostible e a protección dos recursos hídricos e mariños; a transición cara a unha economía circular; a prevención e control da contaminación; e a protección e restauración da biodiversidade e os ecosistemas.
O fin último é que a UE poida avanzar cara á neutralidade nas súas emisións en 2050, tal e como establece o Pacto Verde, e evitar o “ecoblanqueo” (cando se clasifica como ecolóxico ou sostible algo que non o é).
A Comisión calcula que Europa necesita da orde de 260.000 millóns de euros anuais en investimento adicional para alcanzar os seus obxectivos climáticos e enerxéticos de 2030. Os eurodiputados pediron o mes pasado que os investimentos, dentro do plan de recuperación trala pandemia de COVID-19, dean prioridade ao capítulo verde.
As actividades que son incompatibles coa neutralidade climática, pero que resultan necesarias na transición cara a unha economía de “emisións cero”, serán clasificadas como “actividades de transición ou habilitadoras”. As súas emisións de gases de efecto invernadoiro terán que estar ao nivel dos mellores resultados no seu sector.
A normativa entrará en vigor logo da súa publicación no Diario Oficial. A Comisión actualizará periódicamente os criterios técnicos de selección para as “actividades de transición e habilitación”. Antes do 31 de decembro de 2021 deberá revisalos e definir criterios para identificar as actividades que teñan un impacto negativo significativo.
Fonte: Parlamento Europeo
Imaxe: Pixabay