- Así o plasmou nunha resolución aprobada en días pasados, incidindo enque o lixo mariño afecta tanto os ecosistemas como aos consumidores, así como á pesca e pescadores.
- Os eurodeputados demandan máis investigación e innovación para desenvolver equipamentos de pesca máis sostibles.
Cerceda, a 30 de marzo de 2021.- Segundo estimacións da Fundación Ellen Macarthur, en 2050 os océanos poderían conter máis plásticos que peixes. Para evitar que estes refugallos sigan contaminando o mar e ensucien as praias, a comisión de Medio Ambiente aprobou no seu momento as novas regras para facer fronte aos principais produtos plásticos dun só uso achados nas costas europeas.
A normativa prohibe os plásticos de usar e tirar cando existan outras alternativas. Trátase de nove artigos: cubertos (tenedores, coitelos, culleres, escarvadentes) e pratos, bastonciños de algodón, palliñas, axitadores de bebidas e paus destinados a suxeitar globos. Os eurodeputados engadiron á lista de produtos que teñen que desaparecer do mercado os de plástico oxo-degradable e os colectores de comida rápida de poliestireno expandido.
Os plásticos dun só uso tales como cubertos, botellas, palliñas, bastonciños de algodón ou os filtros dos cigarros, son responsables do 50% da contaminación mariña, e a forma máis efectiva de atallar este problema é evitar que os plásticos se vertan no océano
A nova lexislación busca a recollida do 90% de botellas de plástico en 2029, a través de, por exemplo, sistemas de reembolso, contemplando tamén que, en 2025, o 25% do plástico das botellas sexa reciclado e o 30% en 2030.
Pero os plásticos non só contaminan as costas, senón que tamén afectan a toda a fauna mariña. Os animais enrédanse neles e confunden os fragmentos máis pequenos con comida, pudendo provocarlles a morte.
Pola súa banda, os seres humanos, debido á cadea alimentaria, tamén inxeren este material, se ben as consecuencias para a súa saúde están aínda sen determinar.
Así mesmo, os refugallos mariños provocan perdas económicas nos sectores dependentes do mar e na produción en xeral. Na economía permanece só ao redor dun 5% do valor dos envases plásticos; o resto acaba no lixo.
REFUGALLOS DA PESCA E ACUICULTURA
Nunha resolución aprobada o pasado 25 de marzo, o Parlamento Europeo urxiu medidas para reducir os residuos mariños, que se inclúan máis restricións sobre os plásticos dun só uso e se incremente o uso de materiais sostibles para a fabricación das artes de pesca. Incidiu en que o lixo mariño afecta tanto os ecosistemas como aos consumidores, así como a pesca e aos pescadores.
Segundo o Centro Común de Investigación, os refugallos da pesca e a acuicultura constitúen o 27 % do lixo mariño. Para xestionar o problema das artes de pesca perdidas ou «artes de pesca pantasma», os eurodeputados queren medidas que inclúan a súa identificación así como informes e seguimentos. Ademais, demandan máis investigación e innovación para desenvolver equipamentos de pesca máis sostibles.
O Parlamento insiste en que a Comisión propoña eliminar progresivamente os contedores e envases de poliestireno expandido procedentes dos produtos da pesca, así como todos os plásticos e envases innecesarios. Urxe tamén a que se reforce a visión marítima nas novas estratexias da Unión, en particular o Pacto Verde Europeo, a Estratexia sobre a biodiversidade ou a Estratexia «da granxa á mesa», e insta á Comisión a que acelere o desenvolvemento da economía circular nos sectores da pesca e a acuicultura.
Fonte e imaxe: Parlamento Europeo