- A partir desta data entramos en números vermellos, xa que necesitariamos os recursos de máis dun planeta.
- Desde 1970, o Día de Sobrecapacidade da Terra veuse adiantando, salvo este ano, debido á “paralización” obrigada polo COVID-19.
- Se atrasásemos esta data 4,5 días cada ano, en 2050 volveriamos a vivir dentro dos límites razoables.
Cerceda, a 1 de setembro de 2020.- Tamén coñecido como "Overshoot Day", o Día da Sobrecapacidade da Terra é un concepto de cálculo complexo, pero cunha sinxela mensaxe: é o día no que "esgotamos" os recursos que o planeta é capaz de producir nun ano. A partir de aí, entramos en números vermellos, xa que necesitariamos os recursos de máis dun planeta.
Esta data non deixou de adiantarse desde 1970. En 1997 consumimos os recursos naturais que a Terra é capaz de rexenerar nun ano a finais do mes de setembro. En 2016, afoi o 8 de agosto; en 2018, o 1 de agosto; e, en 2019, o 29 de xullo.
Este ano atrasouse ao 22 de agosto. As razóns atópanse no COVID-19 e a "paralizacíón" á que nos vimos obrigados. Unha situación que, en todo caso, non cambia a tendencia, xa que o modelo de consumo continúa a ser o mesmo. Isto quere dicir que estamos vivindo a costa dos recursos naturais das futuras xeracións.
A boa nova é que aínda estamos a tempo de deter a degradación do Planeta. se atrasásemos o Día da Sobrecapacidade da Terra 4,5 días cada ano, en 2050 voltaríamos a vivir dentro dos límites razoables.
Fonte: Ecoticias
Imaxe: Pixabay