- ONU Medio Ambiente advirte que moitas persoas non son conscientes da cantidade de plástico presente na súa rutina de beleza e coidado persoal.
- Cunha mirada rápida, pode observarse en calquera baño o envase plástico do champú, do maquillaxe, do xel de ducha e do cepillo de dentes, ademais das toalliñas húmidas desbotables e os bastonciños de algodón.
- No caso dos microplásticos, estes nom se limitan unicamente ás exfoliantes, senón que se engaden intencionadamente a outros moitos produtos. Saen sen esforzo polo desagüe, chegando a ríos e mares, onde ocasionan graves prexuízos medioambientais.
- Unha axuda para saber se un produto contén microplásticos é a aplicación "Beat the Microbead", que permite escanealo ou ben buscar os ingredientes plásticos de uso común.
Cerceda, a 14 de novembro de 2019.- As tendas de beleza aglutinan unha gran cantidade de produtos que, na maioría das ocasións, son obxecto dun consumo voraz que escapa á análise e a reflexión respecto do seu impacto ambiental.
ONU Medio Ambiente advirte que moitas persoas non son conscientes da cantidade de plástico presente na súa rutina de beleza e coidado persoal. Cunha mirada rápida, pode observarse en calquera baño o envase plástico do champú, do maquillaxe, do xel de ducha e do cepillo de dentes, ademais das toalliñas húmidas desbotables e os bastonciños de algodón.
Aínda que non todo o plástico se percibe á primeira ollada, se prestamos un pouco de atención, poden verse as pequenas esferas plásticas presentes nas exfoliantes faciais ou nas sombras de ollos con brillos.
Non obstante, os microplásticos non se limitan unicamente ás exfoliantes, senón que se engaden intencionadamente a outros moitos produtos. É o caso do desodorante, champú, acondicionador, xel de ducha, lápiz labial, tinte para o cabelo, crema de afeitar, protector solar, repelente de insectos, crema antiarrugas, humectantes, lacas para o cabelo, mascarillas faciais, artigos para o coidado do bebé e rímel, entre outros. Nalgúns casos, estes produtos están conformados por máis dun 90% de plástico.
Os ingredientes plásticos son frecuentes porque se poden agregar a funcións tales como acondicionador da pel, exfoliantes, abrasivos, purpurina, pulido dental, reguladores de viscosidade para que os produtos flúan, emulsionantes, formadores de película, etc.
MICROPLÁSTICOS: DO BAÑO AO MAR
Os microplásticos dos produtos para o coidado persoal poden saír sen esforzo polo desagüe e, debido ao seu diminuto tamaño, a filtración de augas residuales non pode tratalos, acabando fácilmente en ríos e mares.
Así mesmo, e dado que non son biodegradables, no mar atraen toxinas e bacterias transmitidas pola auga que se adhiren á súa superficie brillante e parécense aos alimentos, que logo son inxeridos por peixes, anfibios, insectos, larvas e animais mariños. Os plásticos poden bloquear o tracto digestivo ou introducirse na cadea alimenticia e eventualmente terminar nos nosos pratos.
O impacto na saúde dos microplásticos nos humanos non se coñece completamente e necesítase máis investigación para comprender o seu efecto nos nosos corpos.
AXUDA DAS NOVAS TECNOLOXÍAS
Unha axuda para saber se un produto contén microplásticos é a aplicación "Beat the Microbead", que permite escanealo ou ben buscar os seguintes ingredientes plásticos de uso común: polietileno (PE), metacrilato de polimetilo (PMMA), nylon, tereftalato de polietileno (PET) e polipropileno (PP). propileno (PP).
Fonte e imaxe: ONU Medio Ambiente
Saúdos, Departamento de Comunicación