- A contaminación, a sobrepesca e o cambio climático constitúen ameazas que levaron a ecosistemas como os arrecifes de coral, ao bordo do colapso.
- Estas entidades lanzaron recentemente Ocean League (a Liga do Océano), unha iniciativa apoiada por celebridades e ambientalistas que mostra o poder da creatividade para impulsar cambios positivos en favor dos océanos e o clima.
- Embaixadores de boa vontade da ONU e defensores dos océanos de todo o mundo uníronse á iniciativa, alentando ás audiencias dixitais a compartir as súas creacións coas etiquetas #GlowingGone e #OceanLeague para destacar o seu apoio.
Cerceda, a 3 de setembro de 2020.- Os mares enfróntanse a un importante desafío motivado pola contaminación, a sobrepesca e o cambio climático; ameazas todas elas que levaron a ecosistemas como os arrecifes de coral, que sustentan o 25% de toda a vida mariña e proporcionan alimentos e ingresos a máis de 500 millóns de persoas, ao borde do colapso.
Neste marco, o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) e The Ocean Agency, en colaboración con Adobe, lanzaron recentemente Ocean League (a Liga do Océano), unha iniciativa apoiada por celebridades e ambientalistas que mostra o poder da creatividade para impulsar cambios positivos en favor dos océanos e o clima.
Así as cousas, o PNUMA e The Ocean Agency invitan a individuos, líderes, organizacións e empresas a unirse a Ocean League, da campaña Glowing Gone, que promove unha maior protección do océano e os corais.
Como parte da colaboración, lanzouse o compromiso de Ocean League, impulsado por Adobe Sign, o cal poden respaldar todas as persoas a través da súa firma electrónica desde calquera dispositivo. Ademais, Adobe creou lentes de cámara de Adobe Photoshop especialmente deseñados con temas oceánicos, o que brinda a todos a oportunidade de compartir imaxes creativas para mostrar o seu apoio ao movemento.
O próximo 30 de setembro levarase a cabo o Cume sobre a Diversidad Biolóxica da ONU, que marca o inicio dun ano con importantes conferencias internacionais nas cales se determinarán os obxectivos de conservación da próxima década.
O PNUMA, The Ocean Agency e Adobe mostrarán esta oleada de apoio aos formuladores de políticas a través de exhibicións visuais en eventos clave, co obxectivo específico de priorizar os arrecifes de coral e os océanos no Marco Mundial da Diversidade Biolóxica posterior a 2020, que se definirá na Conferencia das Partes da Convención sobre a Diversidade biolóxica (COP15), en 2021.
Embaixadores de boa vontade da ONU e defensores dos océanos de todo o mundo uníronse á iniciativa, alentando ás audiencias dixitais a compartir as súas creacións coas etiquetas #GlowingGone e #OceanLeague para destacar o seu apoio.
Fonte: ONU Medio Ambiente