- É propietario do restaurante de tres estrelas Michelin Osteria Francescana, ubicado en Módena (Italia), e foi recoñecido como emprendedor social polo seu compromiso coa loita contra o desperdicio de alimentos e a marxinación social a través da organización sen ánimo de lucro Food for Soul.
- A produción de alimentos que logo serán desbotados require un área de terra máis grande que a superficie de China e India xuntas, e tres veces máis auga que a que contén o lago Leman, en Xenebra.
- Bottura sinala que o acto de cociñar, así como o de alimentarse, debe converterse nunha elección ética e non só nunha cuestión de gusto.
Cerceda, a 2 de outubro de 2020.- No marco do primeiro Día Internacional de Concienciación sobre a Perda e o Desperdicio de Alimentos, celebrado o pasado 29 de setembro, o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) nomeou ao chef italiano Massimo Bottura como novo Embaixador de Boa Vontade co fin de intensificar a loita contra o desperdicio e a perda de alimentos.
Bottura é chef propietario do restaurante de tres estrelas Michelin Osteria Francescana, ubicado en Módena, e foi recoñecido como emprendedor social polo seu compromiso coa loita contra o desperdicio de alimentos e a marxinación social, un dos principais obxectivos de Food for Soul, a organización sen ánimo de lucro que fundou xunto coa súa muller Lara Gilmore.
Durante os confinamentos pola COVID-19 en Italia, a súa familia produciu un programa de cociña en liña chamado Kitchen Quarantine, que alentou ás persoas a ver o potencial invisible en cada ingrediente.
Estímase que un terzo de todos os alimentos producidos desperdicíase ou pérdese cada ano –ao redor de 1.300 millóns de toneladas–. Aproximadamente o 14% a nivel mundial (ata o 40% nalgúns mercados) bótanse a perder antes de que cheguen aos minoristas como resultado dos problemas de loxística e a falta de cadeas de frío sostibles.
A produción de alimentos que logo serán desbotados require un área de terra máis grande que a superficie de China e India xuntas, e tres veces máis auga que a que contén o lago Leman, en Xenebra. O uso innecesario destes recursos ten enormes impactos negativos nos ecosistemas e a biodiversidade, coa particularidade de que a perda e o desperdicio de alimentos xera o 8% das emisións mundiais de gases de efecto invernadoiro.
Para Bottura, todos debemos empezar a comprender de onde vén a nosa comida, desenvolver accións para preservar a memoria e as técnicas que nos poidan axudar a innovar de face ao futuro, e coidarnos de non repetir prácticas e condutas de consumo que provocaron os desafíos actuais do noso sistema alimentario. Sinala que o acto de cociñar, así coma o de alimentarse, debe converterse nunha elección ética e non só nunha cuestión de gusto.
A organización Food for Soul busca reducir o desperdicio de alimentos e o illamento social a través de comedores chamados refettorios que benefician a persoas vulnerables. A organización evitou que máis de 125 toneladas de alimentos imperfectos chegaran aos vertedoiros e transformou estes ingredientes en máis de medio millón de comidas nutritivas.
Fonte: ONU Medio Ambiente
Imaxe: Pixabay