- Milleiros de mozos e mozas de entre 18 e 30 anos presentan cada ano a súa candidatura a este premio, promovido polo PNUMA, co apoio de Covestro, a fin de dar a coñecer ideas innovadoras coas que contribuír ao desenvolvemento sostible.
- Ademais de financiamento, os gañadores reciben capacitación personalizada e acceso a unha plataforma global para comunicar o seu traballo durante un ano.
- Consideran que o máis valioso é a visibilidade que lles pode dar este galardón, a credibilidade cara ao seu proxecto e a ampla rede de contactos que poden lograr.
Cerceda, a 15 de xaneiro de 2020.- Milleiros de mozos e mozas de entre 18 e 30 anos presentan cada ano a súa candidatura ao premio Mozos Campións da Terra, lanzado en 2017 polo Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente, co apoio da empresa Covestro, e que ten por obxecto impulsar iniciativas cun impacto ambiental positivo.
A principios deste ano verá a luz unha nova convocatoria, erixíndose nunha magnífica oportunidade para dar a coñecer ideas innovadoras coas que contribuír ao desenvolvemento sostible
Ademais de financiamento, os gañadores do premio reciben capacitación personalizada e acceso a unha plataforma global para comunicar o seu traballo durante un ano.
Consideran que o máis valioso para eles é a visibilidade que lles pode dar este galardón, a credibilidade cara ao seu proxecto e a ampla rede de contactos que poden lograr.
Os proxectos seleccionados terán un gran eco a nivel local e internacional, pois, ademais do anuncio e a entrega do premio, que teñen lugar durante unha cerimonia de alto nivel, tamén existe a posibilidade de que os mozo/as traballen cun equipo especializado para definir a narrativa do seu emprendemento e dar a coñecer as súas ideas aos medios de comunicación.
Isto é especialmente significativo porque, para os que comezan unha carreira, moitas veces é difícil convencer a outros de que paga a pena apoiar as súas ideas. Pero, ao ter a oportunidade de compartir o seu proxecto a través dunha plataforma global e reunirse con expertos, dáselles a posibilidade de falar con autoridade sobre o seu traballo e ser recoñecidos por isto.
Fonte e imaxe: ONU Medio Ambiente
Saúdos, Departamento de Comunicación