- Segundo o estudo de opinión "Mozos, educación e medio ambiente", realizado por More Than Research para Naturaliza, 1 de cada 3 mozos asegura que tivo un mestre que p marcou no respecto e coidado da contorna.
Cerceda, a 2 de decembro de 2020.- Todos, ou case todos, tivemos nalgún momento da nosa vida académica algún mestre/a que espertou a nosa curiosidade e interese por unha temática en concreto. A súa capacidade para chegar ao alumnado era tal, que este acababa gozando cunha determinada materia, propiciando ao mesmo tempo a súa reflexión e conciencia crítica.
Segundo o estudo de opinión "Mozos, educación e medio ambiente", realizado por More Than Research para Naturaliza, o proxecto de educación ambiental promovido por Ecoembes, 1 de cada 3 mozos recoñece que, nalgún momento, tivo un mestre que lle deixou pegada no respecto e coidado da contorna, un aspecto do ensino que o 61% dos entrevistados considera como primordial.
As aulas convértense así nos lugares idóneos para divulgar a importancia do medio ambiente, tanto a nivel teórico como práctico, a través do contacto coa natureza, axudando aos nenos a desenvolver actitudes e valores como a sensibilidade, a empatía ou o respecto polos ecosistemas e animais. De feito, as saídas ao campo e as visitas ás granxas escolas foron as actividades que máis impactaron aos mozos españois na súa etapa escolar. É por iso que se debe traballar para converter os espazos exteriores e o aire libre en aliados do proceso educativo, extremo que fomenta Naturaliza.
Fonte: Ecoembes
Imaxe: Pixabay