- En días pasados, Sogama remitiu aos 25 centros de primaria adscritos a esta iniciativa ferramentas pedagóxicas para que o alumnado teña a oportunidade de seguir traballando na reciclaxe desde as súas casas.
- Así mesmo, puxo a disposición de todos eles a serie especial #EuQuedoNaCasa co #Caderno Verde, que, enmarcada na crise do COVID-19, proporciona recomendacións para enfrontar esta difícil etapa de confinamiento á vez que contempla actividades para reforzar os coñecementos dos pequenos na reciclaxe.
Cerceda, a 23 de abril de 2020.- Con motivo do cese da actividade escolar presencial tralo decreto do estado alarma, o programa “Recíclate con Sogama” 2019-2020 suspendeu temporalmente o seu plan de acción. Non obstante, dou tempo, nos primeiros meses do curso académico, de subministrar aos 25 centros participantes distintos medios materiais e didácticos, ademais de impartir charlas en todos eles por parte dos educadores de Sogama e culminar igualmente a segunda visita de seguimento na que se puido comprobar a evolución dos proxectos en cada colexio.
A atención centrouse especialmente no bo uso dos distintos contedores que conforman as illas de reciclaxe, na calidade do material depositado nos mesmos (avaliando así o grao de acerto ou desacerto), na implicación do profesorado e do alumnado, e nas actividades realizadas para estender a xestión sostible dos residuos urbanos máis aló das aulas, chegando ás familias e contorna social.
Púidose comprobar que unha boa parte dos colexios adscritos a esta iniciativa configuraron e organizaron as denominadas patrullas verdes, conformadas por alumnos/as voluntarios e sensibilizados coa protección do medio ambiente cuxa función é corrixir os malos hábitos dos seus compañeiros e levar a cabo ao mesmo tempo un labor didáctico.
Noutros centros, e máis aló das accións inherentes a este programa, desenvolveron iniciativas orientadas cara ao consumo responsable e a redución da produción de lixo en orixe. Por exemplo, minimizando o uso do papel, priorizando as comunicacións electrónicas e implantando as denominadas merendas sostibles, nas que se minora o uso do envase e embalaxe de plástico, utilizando no seu lugar fiambreras e cantimploras.
En días pasados, Sogama remitiu aos 25 centros diferentes recursos pedagóxicos para que o alumnado tivese a oportunidade de seguir traballando na reciclaxe desde as súas casas. Así mesmo, puxo á súa disposición a serie especial #EuQuedoNaCasa co #Caderno Verde que, enmarcada na crise do COVID-19, proporciona recomendacións para enfrontar esta difícil etapa de confinamento (hixiene, compras, limpeza, comida saudable, exercicio físico, colaboración nas tarefas do fogar, horarios de estudo e lecer, etc), á vez que contempla actividades coas que os pequenos poden reforzar os seus coñecementos en distintas disciplinas desde unha dimensión ambiental, cobrando a reciclaxe especial protagonismo.
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación